Martes, 18 Novembro 2025
Persoal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta volveu mobilizarse este luns para reclamar un servizo 100% público e único, no que todo o persoal teña as mesmas condicións laborais, se lle garanta a súa saúde e seguridade, que dispoña de dignidade salarial e que traballe todo o ano nas multiemerxencias e colabore na restauración das zonas queimadas. A protesta, convocada pola CIG, coincidiu co remate do contrato de 938 persoas traballadoras do SPIF
A data escollida ...
Luns, 17 Novembro 2025A Administración volve a insistir cun modelo de carreira que non cumpre as mínimas expectativas nin da CIG nin das persoas empregadas públicas. De todos os problemas, eivas, discriminacións e desigualdade que leva consigo este modelo, e que levamos anos denunciando, non corrixen nin un.
Tráennos, ademais, un texto que foi negociado fóra das mesas e sen a presenza da CIG polas outras organizacións sindicais e isto é o produto desa submisión:
1. Seguen a teimar en que exista prazo para as ...
Luns, 17 Novembro 2025
Xa o advertimos hai meses, a retirada de postos “afectados” do concurso de traslados da escala de veterinarios/as, mostra o que vai pasar no resto de concursos: a desaparición de postos vacantes pola incapacidade da Xunta.
Función Pública ven de publicar en DOG (14/11/25) unha resolución na que abren o prazo para que os compañeiros e compañeiras da escala de veterinarios/as soliciten os postos (vacantes e potenciais vacantes) no seu concurso de traslados. A resolución inclúe un anexo con ...
Luns, 17 Novembro 2025
Baixo o lema «Retroceder en dereitos incrementa a violencia. Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade», a Secretaría das Mulleres da CIG acusa ao Goberno do PP na Xunta de Galiza de amparar comportamentos machistas.
Este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG lanza unha campaña para denunciar a permisividade das condutas machistas nas institucións públicas, reclamar que se revertan os recortes ...
Xoves, 13 Novembro 2025
A CIG ten convocadas concentracións para o vindeiro 19 de novembro, ás 11 horas, diante dos edificios da Xunta de Galiza das sete cidades en demanda da incorporación dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, pola mellora das condicións laborais e por uns servizos públicos de calidade.
As protestas convócanse no marco do debate parlamentar da lei de orzamentos de Galiza e da lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2026, que non inclúen melloras nas ...
Mércores, 12 Novembro 2025
A CIG-Autonómica vén de presentar un conxunto de propostas para a mellora da xestión da extinción de incendios forestais na Galiza e das condicións laborais do seu persoal, logo da vaga de lumes de 2025 e ante a inacción da Xunta, que continúa sen convocar ningunha mesa de negociación.
O documento, que xa foi remitido aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza, recolle medidas básicas urxentes e estruturais que abranguen desde o planeamento preventivo e o dimensionamento do ...
Mércores, 12 Novembro 2025O día 04/11/2026 presentamos a nosa proposta de emendas aos grupos parlamentares.
Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras administracións, máis non están en moitos casos garantidos para nós.
Recuperar eses ...
Martes, 11 Novembro 2025Este anteproxecto de lei afecta ás atribucións do persoal funcionario público, xa que contén mecanismos como a externalización de actos administrativos e informes, a redución de prazos de participación pública e informe, a eliminación dos efectos vinculantes dos informes ou o silenciamiento do procedemento.
A Lei de administración ambiental simplificada da Galiza pode directamente supor unha perda de emprego público e de calidade do servizo, máis ao omitir a necesidade dos informes do ...
Martes, 11 Novembro 2025
Estamos a ter asambleas en toda Galiza e a conclusión xa está a ser, sen dúbidas, a necesidade dunha nova mobilización do persoal do SPIF. É por iso que queremos aproveitar a data simbólica do 17 de novembro para mobilizarnos diante do edificio da Xunta en solidaridade cos 938 compañeiros e compañeiras bombeiras forestais que nesa data xa remataron de traballar no SPIF, debido ao comezo da suspensión dos seus contratos.
Noutras comunidades autónomas os gobernos xa melloraron as ...
Martes, 11 Novembro 2025
A Consellaría debe cesar xa ao xerente do Consorcio ante a nova desfeita: seguimos sen ninguén na ponte de mando e case sen tripulación
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir axeitadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado, afectando a máis de 2000 persoas traballadoras. Ista situación é insostible: ou que o cesen ou que dimita XA!
A ...
Venres, 07 Novembro 2025CIG-Autonómica denuncia a fuxida de persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) por culpa da xestión da Xunta. A política de persoal e a falta de negociación no AGACAL están a provocar a fuga do talento investigador e a perda de máis dun século de coñecemento agrario galego.
A CIG-Autonómica alerta do desmantelamento planificado que está a sufrir o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), como ...