Novas por contido

O Consello Confederal do 24 de novembro de 2008 convocou o V Congreso da CIG. De acordo co previsto no Regulamento Precongresual, a Secretaria Comarcal da Federación de Admón. Pública de Pontevedra convoca aos afiliados e afiliadas a:

Debate dos relatorios do congreso:

  •  15 de abril, ás 19:00 horas, asembleias nas unidades locais de Pontevedra, Lalín e Vilagarcía


Calquer afiliado ou afiliada que quera presentar emendas aos relatorios para a sua posterior discusión no congreso debe presentalas e defendelas acudindo á asembleia. Nos locais do sindicato están dispoñibeis os relatorios do congreso.  Tamén os podes descargar dende o web da Confederación.  

Eleición de congresistas:

  • 15 de abril, as 20:00 horas, eleición de congresistas nas mesmas unidades locais.


O prazo para a presentación de candidaturas remata 48 horas da asembleia.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...