Máis que CIG-Autonómica

O Consello Confederal da CIG acordou, con data 24 de Novembro de 2008, convocar o 5º Congreso da Confederación Intersindical Galega para os días 20 e 21 de Xuño do 2009, a celebrar na cidade de Compostela. Este congreso compoñerase de 500 congresistas de elección directa por afiliados e afiliadas, máis os membros do Consello Confederal e os da Comisión de Garantías. Os/as congresistas deberán estar todos electos con data 08/05/2009 inclusive.

O período de cotizacións, para facer o reparto proporcional de congresistas que corresponden por comarca e federación, será o comprendido entre o 01/07/07 e o 30/06/08.

Ao 31/12/08 fixarase a relación definitiva de membros do Consello Confederal que son membros natos do Congreso.

O informe político da Executiva Confederal, así como o Informe de Contas, serán distribuídos aos congresistas con 10 días de antelación ao inicio das sesións do 5º Congreso.

Nas comarcas e unións locais está a disposición dos/as afiliados/as o Regulamento do proceso precongresual do 5º Congreso da CIG. Iste regulamento, ten como finalidade regular e ordenar o desenvolvemento de todo o proceso preasembleario do 5º Congreso Confederal da Confederación Intersindical Galega.

Outras novas recentes

Luns, 29 Novembro 2021

Borradores de procesos selectivos: A1-Informática e C1-Gardacostas

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Escala de sistemas e tecnoloxía da información. Son 16 prazas da OEP do 2021, de acceso libre mediante o sistema selectivo de oposición. Descargar. C1-Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 22 prazas das OEP 2018 (10) e 2021 (12), das que...
Luns, 29 Novembro 2021

Reunión co DX de Ordenación e Planificación Forestal. 24/11/2021

O DXOPF da Consellería de Medio Rural ten que acceder a reunirse ca CIG despois da presión exercida polos representantes dos traballadores Despois de mais de 1 ano solicitando varias reunións co director xeral, onde poder tratar diversos temas que atinxen tanto o bon funcionamento da Administración, como que o administrado teña un trato mais próximo a Administración e...