Novas por contido

CONCENTRACIÓN DÍA 9 DE FEBREIRO ÁS 11:30 EN SAN CAETANO

CONTRA O ATROPELO ÁS EMPREGADAS/OS PÚBLICOS

Asemblea Ourense 07.02.2012


Hoxe empregadas e empregados públicos da Xunta de Galiza de Ourense, reunidos en asemblea celebrada ás 11:00 na Casa de Chocolate, decidimos acudir á concentración que se celebrará o xoves día 9 de febreiro ás 11:30 horas en San Caetano na que amosaremos o noso rexeitamento ás medidas que vai aprobar o goberno galego contra os empregados/as aproveitando que está reunido o Consello da Xunta.

SAÍDA AUTOBUSES:
9 de febreiro ás 9:30 horas, dende o Parque de San Lázaro.Estaremos de volta ás 14:30 horas

Apúntate:
CIG:  988 233 850    UGT: 988 238 353    CCOO: 988 392 260    CSIF: 988 391 050


POLA DIGNIDADE D@S EMPREGAD@S PÚBLIC@S
RETIRADA DO ANTEPROXECTO XA!!

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...