Novas por contido

Continuando ca serie de mobilizacións convocadas polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña, o mércores 8 de febreiro houbo unha Concentración de 300 traballadores diante da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de A Coruña.

A Concentración tivo como obxecto a protesta contra a política da Consellería de Traballo e Benestar de destruir postos de traballo nos seus propios Centros Públicos; de favorecer a privatización de servizos sociais recortando sistematicamente os recursos públicos de atención aos sectores da poboación máis desfavorecidos.

Ao mesmo tempo na Concentración protestouse contra as medidas da Xunta de Galicia que ataca aos empregados públicos en dereitos elementais.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...