Novas por contido

A lei de feita a medida por Feijoo para acabar co emprego público aprobouse xa no Parlamento galego o 29 de febreiro, máis as mobilizacións continúan. E continúan porque sobran os motivos; mentres a lei de medidas, a reforma laboral ou os recortes nos servizos públicos se executan en prazos de semanas, outras reivindicacións dos empregados públicos levan anos executalas (concursos, flexibilización universal, decreto de permisos...) ou non se lle presta atención (recorte de gastos suntuarios, publicidade institucional, ATs...)

O 15 de marzo unhas 300 persoas e San Caetano e 200 en San Lázaro, como xa é tradición cada xoves, volveron concentrarse para defender a súa dignidade coma empregados públicos. Mentres en San Caetano produciase un acto de confraternización e apoio coa concentración de Navantia que tiña lugar ao mesmo tempo fóra do recinto administrativo, os compañeiros e compañeiras de San Lázaro cortaron o tráfico para visualizar a súa protesta.

Todo iso a pesar da ausencia do consello da Xunta e da viaxe de Feijoo a Madrid, supoñemos que para argallar novos recortes co seu colega de partido. Poderannos recortar e seguir recortando, pero nunca nos roubarán a nosa dingnidade. Ademais deste lema, corearonse outros como "Máis concurso e menos discurso" ou "Non estamos tododos, falta Feijoo" (en alusión a súa estadía en Madrid), ademais dos clásicos "Feijoo cretino, traballa de interino", "Non faltan cartos, sobran ladróns" ou "Por riba de enfermar, temos que pagar".

Os empregados públicos con Navantia

No medio da concentración de San Caetano, os representantes dos traballadores de Navantia pasaron por diante para acudir á xuntanza co conselleiro de Industria onde se decidía o seu futuro. Lembremos que o PP prometeulles 2.000 postos de traballo no seu programa electoral (p.126) e agora desenténdese do tema. Cando pasaron, as persoas alí concentradas romperon en aplausos a estes compañeiros que tamén están loitando contra os recortes.

Ao rematar o acto, se convidou aos alí presentes a apoiar a concentración de milleiros de traballadores de Navantia diante da consellaría de Presidencia. Algúns deles encamiñáronse cara aló con cartaces co lema de "OS EMPREGADOS PÚBLICOS DA XUNTA CON NAVANTIA". Os compañeiros de Navantia fixeron un pasillo aos empregados públicos e irrumpiron en aprausos e apretóns de mans en sinal de agradecemento.

CONTRA AS AGRESIÓNS, A CLASE TRABALLADORA NO MESMO BARCO!

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...