Novas por contido

Denunciamos o progresivo desmantelamento do operativo de extinción de incendios, e exiximos o cese inmediato do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.

Concentración solidariedade co brigadista do SPDCIF falecido na extinción dun lume en Castrolo do Val

En primeiro lugar é desexo da CIG manifestar o noso pesar polo falecemento do traballador Higinio Vivas López, cando estaba en labores de extinción dun incendio forestal na parroquia de Piornelo, concello de Castrelo do Val, e mostrarlle as nosas condolencias aos familiares, amigos e compañeiros do falecido.

A CIG ven a denunciar públicamente o desmantelamento do operativo de extinción de incendios forestais da Xunta de Galiza. Ésta destrucción do citado servizo é como consecuencia da falta de persoal nas diferentes cuadrillas forestais así como por motobombas inoperativas pola falta de mantemento.


Nos diferentes distritos forestais en que está dividido a comunidade atopámonos con cuadrillas con dúas e tres prazas vacantes no que vai en perxuizo tanto da operatividade da cuadrilla como tal, así como do propio servizo de emerxencia. Dáse a circunstancia de que no incendio no concello de Castrelo do Val, onde faleceu o traballador, atópanse cuadrillas do Servizo público de extinción de incendios integradas por dous ou tres traballadores. O persoal do SPDCIF está soportando xornadas de máis de 10 horas, dándose a orde incluso de non retirar ao persoal para que descanse. Por outra banda están as motobombas inoperativas por falta da correspondente inspección obrigatoria así como outras nos talleres pendentes da súa retirada unha vez que a Conselleria do Medio Rural e do Mar faga efectivo o pago polo arranxo.

Asimesmo a CIG ven a solicitar o cese inmediato do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto por manifestacións como as que fixo o pasado día 20 de marzo onde tivo o valor de decir que non ían aumentar os medios independemente de que vaian queimadas máis de 5.300 hectáreas. Preguntámonos entón, e logo para cando máis medios?

alt

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...