Novas por contido

Nesta Comisión de Persoal levábanse temas como a RPTdo Consello Galego de Relacións Laborais e máis da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, así como a proposta de orde de prolongación no servizo activo e o traballo en domingos do persoal laboral.

RPT do Consello Galego de Relacións Laborais

Esta RPT tivo unha negociación real e no proceso houbo varias alegacións de calado que a Administración admitiu, relacionadas co pasar varias prazas de LD a concurso, polo cal os felicitamos. Aínda así existen un par de cuestións relativas a varias das prazas que non se admitiron polo que a CIG se abstén.

CCOO a favor
UGT a favor
CSIF abstense

RPT da APLU

Neste caso seguen a manter as xefaturas de  servizo como LD e se intenta abrir catro delas dende a escala a corpos xerais. Consideramos que existe un interese político de fondo por nomear comisarios políticos que controlen a política en materia de urbanismo sen ningún outro argumento para abrilas, nunha escala na que ademais non hai posibilidades de promoción. O argumento da Administración de que non hai xente da escala para cubrilas o único que denota é o desinterese da Administración por convocar procesos selectivos para esta escala. Votamos en contra.


CCOO en contra
UGT en contra
CSIF a favor

Prolongación da permanencia no servizo activo (xubilacións)

Este é o primeiro desenvolvemento da lei de medias no emprego público. O posicionamento da CIG é que non se prolongue a permanencia no servizo activo máis que nos casos nos que por un período de cotización suficiente non se teña dereito á prestación por xubilación, tal e como ven reflectida no Convenio do persoal laboral.

Ao mesmo tempo isto se debería de conxugar cunha política de fomento do emprego e cubrir esas prazas polos procedementos de provisión establecidos non amortizando ningunha.

Como non se da ningunha destas dúas circunstancias non podemos  cualificar esta orde máis que como negativa. A maiores se establecen uns criterios de discrecionalidade que fan que a prolongación ou non quede sometida a criterios subxectivos. Votamos en contra


CCOO en contra
UGT en contra
CSIF en contra matizando que están a favor da prórroga


Traballo en domingos do persoal laboral

Este punto non se votou e simplemente se deu información. Tamén informan de que se nos chamará para desenvolver a lei no caso das IT’s especialmente para os casos de hospitalización, intervención cirúrxica, etc. Non chegan a aclarar si a quen agora colle unha baixa se lle aplicará o sentido literal da lei e dan constancia de que o CIXTEC ten unha instrución de Orzamentos que non implica interpretación da norma senón que vai encamiñada á esa aplicación tal como aparece na lei.

Comentan que cada unha das consellarías desenvolverá a lei de acordo coas súas circunstancias específicas xa que non é o mesmo Traballo que Medio Rural. Mostramos o noso rexeitamento.


Suxestións e preguntas

Advertímoslle á Administración de que teñen que adoptar as medidas necesarias para garantir o dereito á folga comunicando a que traballadores lles corresponden os servizos mínimos e advertíndolles que calquera tipo de coacción como a que se está a detectar nalgúns centros, como o intentar impedir a realización de asembleas, a actuación en determinados centros de ensino e Traballo onde se pretende polas súas direccións decretar determinados servizos mínimos ao 100% como os de cociña, ou a petición de listaxes dos folguistas pode rematar en demandas no xulgado por vulneración de dereitos fundamentais.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...