Novas por contido

Dende a CIG-Autonómica limos con sorpresa as declaracións que fixo a Conselleira de Facenda, Marta Fernández, en relación coa conxelación do soldo dos empregados/as públicos da Xunta. Na páxina 169 do programa electoral do Partido Popular recóllese o establecemento dunha cláusula de revisión salarial para frear a perda retributiva en termos reais.

A situación de crise do modelo capitalista na que nos atopamos non xurdíu o 2 de marzo. O PP sabía en que situación se atopaba o noso país cando se presentou ás eleccións e, queremos pensar, que o seu programa contemplaba dita situación de crise.

Preguntámonos, logo, se a Conselleira non participou na elaboración do seu programa, se vai por libre, se ten a intención de incumprilo deliberadamente ou se o Partido Popular simplemente mentiulles a todas e todos os empregados públicos da Xunta de Galiza.

Condeamos tamén a baixeza moral que supón facer semellantes declaracións dende a posición de quen cobra máis de 60.000 euros ao ano sabendo, como responsábel de Función Pública, que ten ao seu cargo persoal con soldos base de 546 euros ao mes (como é o caso das funcionarias e funcionarios do Grupo E) ou 954 euros ao mes (no caso do persoal laboral do grupo V).

Dende a CIG-Autonómica convidamos á conselleira a que se quere aplicar políticas de austeridade na Xunta de Galiza comece pola non creación de gabinetes nas delegacións, en baixar os desorbitados soldos dos altos cargos e a eliminación dun plus inmoral que podería repercutir, cada plus cobrado, na creación dun novo posto de traballo no noso país.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...