Novas por contido

Os feitos producíronse nunha das habituais visitas sindicais da CIG aos traballadores da consellaría de Cultura. O xefe de seguridade asumiu o obstrucionismo dado que ese día estaba organizada desde a Cidade da Cultura unha acción de protesta e "lle romperon un retrete".

Descoñecemos a veracidade do episodio ou a identidade da persoa que foi á casa do xefe de seguridade a romperlle un retrete. En calquera caso, o episodio de obstucionismo sindical acontecido no mausoleo galego do despilfarro foi de traca e impropio dos tempos actuais.

A sección sindical da CIG en Servizos Centrais presentou por escrito unha queixa tanto ante a directora-xerente da Fundación como ante o secretario de Cultura e o máxime responsable de seguridade, o conselleiro de Presidencia. Solicitamos unha explicación do acontecido, reservándonos o dereito de presentar a correspondente denuncia penal contra o exercicio da liberdade sindical.

O pasado 11 de maio dous delegados sindicais da CIG, nomeadamente delegados de Xunta de persoal de servizos centrais da Xunta de Galiza, accederon ás instalacións da cidade da cultura en base ao dereito fundamental de liberdade sindical recollido na Constitución española e desenvolto no título IV da Lei Orgánica de Liberdade Sindical (acción sindical).

Máis en concreto, o artigo 41 do Estatuto Básico do Empregado Público estabelece as garantías da función representativa do persoal das Administración públicas. Entre estas garantías se lle recoñece, aos membros da xuntas de persoal e os delegados, o acceso e libre circulación polas dependencias da súa unidade electoral.

Os ditos delegados acreditáronse diante do persoal de seguridade, non só como delegados de persoal, senón tamén como empregados públicos e foron mesmo recoñecidos polos compañeiros que alí se atopaban. Hai que ter en conta que estes delegados en ningún momento entorpeceron o normal funcionamento da unidade administrativa e que as zonas ás que accederon eran zonas de traballo non exceptuadas, de conformidade co disposto na lexislación vixente.

Tendo en conta o anterior non se entende o comportamento obstrucionista por parte da empresa de seguridade privada, do que presentamos queixa. En primeiro lugar por dicirlles que non podían estar alí, posteriormente por escoltar aos dous delegados e a continuación por querer impedirlles o acceso a parte das instalacións. Só lles deixaron seguir a súa visita sindical tras obter o consentimento expreso dos traballadores do resto das instalacións que lle quedaban por visitar.

Hai que facer fincapé que esta liberdade de circulación non pode ser condicionada pola aceptación dos traballadores, nin pola presenza dunha escolta e moito menos polos criterios particulares dunha empresa de seguridade privada que non ten competencias de autoridade pública para restrinxir un dereito fundamental.

Xa que logo, esiximos unha explicación do acontecido e a pertinente formación en materias de dereitos fundamentais do persoal de seguridade do complexo da Cidade da Cultura para que este desgraciado incidente non se volva a repetir. No caso de non recibir unha explicación convincente e axeitada reservámonos o dereito a presentar a correspondente denuncia penal contra o exercicio da liberdade sindical.

Moito deseño pero pouca practicidade

Por outra banda, como centro de traballo e de acordo co artigo 8.2 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, solicitamos que coa finalidade de facilitar a difusión daqueles avisos que podan interesar aos afiliados ao sindicato e aos traballadores en xeral, se poña á súa disposición un taboleiro de anuncios no complexo da Cidade da Cultura e nun lugar onde se garanta un axeitado acceso a este por parte de todos os traballadores.


Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....