Novas por contido

O 10 de setembro tivo lugar unha xuntanza coa Adminsitración para tratar a proposta de acordo polo que se estableza o réxime de prestación dos servizos veterinarios oficiais na Consellería do Medio Rural e do Mar para os veterinarios da área do Mar.

A persoa representante da Administración comenzou a reunión expoñendo a importancia que para o bo funcionamento deste servizo de inspeción veterinaria e dado que a reolución do concurso de traslados sería inminente (neste mes de setembro) resulta necesario regular as condicións do persoal veterinario da antiga consellaría do Mar.

A CIG considera que se este acordo é un anexo do acordo de 2008, non se entende como non se remata previamente a negociación do decreto de funcións dos servizos veterinarios oficiais paralizado dende antes da convocatoria do concurso de traslados (xuño de 2011). No dito acordo de mellora dos servizos veterinarios asinado no 2008 se recolle que o decreto de funcións ten que estar negociado e publicado antes da convocatoria do concurso. Non comprendemos a présa actual da Administración cando levamos anos solicitando que se negocien as condicións de traballo do persoal veterinario de Mar.

A CIG sostén que non é competencia desta Consellería senón da Dirección Xeral da Función Pública negociar o novo decreto de funcións e, xa que forman parte do mesmo goberno, solicitamos a intervención da Consellería de Medio Rural e Mar para que Función Pública comence de xeito inmediato a negociación do Decreto de funcións paralizado. Até iste momento é o Decreto 200/1991 o que reugulamenta estas función, polo que é o que ten que aparecer no acordo e non o Decreto que modifica a estructura orgánica da consellería; neste último o que aparecen son as funcións dun servizo pero non as do persoal veterinario.

A CIG tamén destacou que o ámbito de actuación dos Servizos vetrinarios oficiais deébese recoller no decreto de funcións dos persoal veterinario que estea vixente e que na proposta de borrador cuxa negociación se paralizou aparecía no artigo 2º.

A CIG quere deixar claro que quere unha negociación real e que mesmo lle dedicariamos as horas extras que foran necesarias, pero esta negociación debe realizarse xunto coa do decreto de funcións. Por outra banda,  destacamos que enviarnos un documento con tan pouco tempo o que parecia mais é que só querían pasar o tramite e facer un paripé. Xa que logo, deixamos manifesta a nosa queixa por non dar tempo para estudar o documento polo miudo e manifestamos a nosa intención de presentar alegacións por escrito para o que solicitamos un prazo de 10 días.

Descargar proposta acordo

NOTA: En comunicación poseterior a consellaría contesta que estabelece un prazo para facer alegacións até o 18 de setembro.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.