Máis que CIG-Autonómica

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación!

As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina.

O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto devastador nas condicións humanitarias e laborais do pobo palestino. As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar o conflito e amparar un xenocidio que debe deterse inmediatamente.

A CIG-Administración rexeita a xestión do conflito e dos recursos públicos que se están destinando a facilitar unha agresión que deixa mutilacións, asasinatos de decenas de milleiros de civís, fame na poboación e a destrución de todos os medios de vida.

Facemos un chamamento para que as administracións públicas dos estados da UE se sumen e manifesten publicamente o rexeitamento á xestión política dos recursos públicos que se está facendo e a oposición ao xenocidio e a agresión de Israel sobre Palestina.