Novas por contido

O xoves, 20 de setembro, tivo lugar outro día máis para a dignidade das traballadoras e traballadores públicos. As persoas concentradas en San Caetano desplegaron unha pancarta na que se lía "Nos traballamos, non roubamos" e levaron a protesta ao interior do edificio administrativo.

Na concentración deixouse claro que está protesta ía máis aló do cabreo das traballadoras e traballadores públicos polo recorte dos seus propios dereitos, trátase dunha protesta en defensa dos servizos públicos e en contra dos recortes antisociais que afectan a toda a cidadanía (traballadores/as, pensionistas, persoas paradas, autónomos, pequenos/as empresarios/as...). Uns recortes que supoñen un atraco ante o que as persoas concentradas escenificaron varias veces o "mans arriba!"; un atraco xa que o diñero destes recortes vai directamente a parar "os banqueiros".

Outras consignas coreadas foron "Non hai Xunta para tanto chourizo", "Feijoo escoita estamos en loita" ou "A ti que estás mirando tamén che están roubando". Precisamente e dado que faltaban moitas compañeiras e compañeiros, as persoas alí concentradas entraron no edificio administrativo nunha improvisada protesta polo medio de San Caetano chamando á unidade. Á entrada houbo un pequeno enforntamento coa policía que non deixou desplegar a pancarta dentro do edificio. Porén, chegada a protesta ás portas de Presicendia as traballadoras e traballadores  conseguiron deplegala.

O acto tivo que rematar ante o acoso policial de controlar o tempo da protesta. Agardamos que se controle co mesmo énfase o tempo de cocción dos chourizos deste cocido  popular no que se atraca ao pobo para rescatar á banca.

Remate da concentración diante de Presincendia tras acceder ao interior do edificio administrativo de San Caetano



Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...