Novas por contido

O luns, 12 de novembro, unha representación da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano presentou no xulgado de garda de Fontiñas, en Compostela, a denuncia penal polo desaloxo policial dunha asemblea de traballadores que tivo lugar no edificio administrativo de San Caetano o pasado 3 de outubro.

Á saída dos xulgados a presidenta da Xunta de Persoal fixo unhas declaracións aos medios alí congregados. Resaltou que ao día seguinte dos feitos, e xunto co comunicado, se presentara un escrito ao conselleiro de Presidencia solicitando a apertura dun expediente informativo sobre os feitos. Despois de máis dun mes, aínda siguen sen resposta. Motivo que fundamenta que recurran á Xustiza.

O pasado 5 de outubro a Xunta de Persoal, conxuntamente co Comité de Empresa, emitía un comunicado denunciando o que consideran un desaloxo ilegal da asemblea de traballadores que tivo lugar o 3 de outubro, solicitaban a apertura dun expediente informativo á Consellaría de Presidencia e puñan en mans dos servizos xurídicos os feitos para o estudo de vulneración da liberdade sindical.


Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...