Novas por contido

En 3 días, lévanse recollido preto de 3000 sinaturas nun centro no que traballan pouco máis de 4000 empregados públicos.

Estes días podemos atopar polos corredores de San Caetano e San Lázaro mesas de recollidas de sinaturas de apoio no relativo á recuperación da paga extra. Recordamos que a dita proposta iniciada pola Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, á que posteriormente se sumou o Comité de Empresa, solicítalle ao Goberno galego o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano.

Esta medida non implica renunciar ao dereito da paga extra de decembro do 2012, senón que supón unha medida "compensatoria" mentres se substancie a vía xudicial ou se produza a eventual recuperación por parte do Goberno. Queremos insistir en que se trata dunha medida completamente legal e que non incumpre co RDL 20/2012 que suprimiu a percepción da paga extra de decembro de 2012; foi a Comunidade de Navarra a pioneira ao anunciala en setembro. Por suposto, tampouco supón un aumento do gasto nin incumpre a conxelación salarial imposta outro ano máis polos Gobernos estatal e autonómico

Por outra banda, xunto con esta recollida de sinaturas, a Xunta de Persoal está a levar a cabo outra campaña para desbloquear cuestións relativas as súas condicións laborais que nada teñen que ver con asuntos económicos e a maioría das cales non precisa de ningunha modificación normativa, senón de vontade para sentarse a falar.

A Xunta de Persoal e Comité de Empresa quere denunciar con ista recollida que, aínda dentro desta opción política da austeridade poden facerse as cousas de xeito que causen o mínimo impacto posible, non só entre os traballadores, senón entre o propio consumo. Dada a ausencia de resposta e vontade negociadora da Xunta é necesario captar expresamente o apoio da maioría dos traballadores públicos como medida de presión pública.

A intención dos dous órganos intención de finalizar a recollida de sinaturas mañá martes para entregalas publicamente o mércores, 5 de decembro. A entrega terá lugar no Rexistro Xeral de San Caetano dirixida ao recen nomeado Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Por outra banda, tamén entregarán copia aos distintos grupos parlamentarios solicitando o seu apoio e mediación nunha vía de negociación que o Goberno da Xunta, por moita maioría parlamentar que lle avale,  non pode manter morta. Do mesmo xeito, representantes da Xunta de Persoal e Comité de Empresa contactarán con diferentes representantes do comercio de Compostela para intercambiar opinións sobre o efecto da retirada da paga extra sobre o comercio local e buscar apoios mutuos.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...