Novas por contido

Entre estes contratos atópase o mantemento do SXPA, aplicación coñecida pola maioría dos empregados públicos pola súa inutilidade.

O día 22 de xaneiro publicáronse no DOUE os anuncios de adxudicación doutros tres contratos de servizos informáticos da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) da Xunta de Galiza por valor de 805.645€ (IVE excluído) Foron  PLEXUS S.L. e Altia Consultores S.A. as que se levan as contratas deste gran sorteo da venta dos servizos públicos. Desta volta quedou fóra Indra Sistemas S.A., outra das compañías que xa case podemos considerar un departamento propio dentro da AMTEGA.

Mentres continúan rebaixando os nosos salarios e eliminando postos de RPTs, día tras día continúan asinándose contratos de privatización de servizos públicos. Como sempre, a Administración nin se fai a pregunta de como aproveitar e potenciar os recursos propios en cada unha destas contratas; a maioría renóvase por sistema.

O primeiro dos contratos de Altia por un valor final de 284.000 € é o máximo exemplo da dilapidación de cartos públicos. O seu obxecto é dar servizo complementario durante 18 meses para o soporte e mantemento do SXPA; unha aplicación obsoleta e a través da cal cada vez se xestionan menos procedementos debido ao seu mal funcionamento.

No caso de PLEXUS, o contrato formalizado o 29 de novembro de 2011 ten un valor final de 90.000 € e ten como obxecto o servizo para o soporte, dinamización e desenvolvemento de novos módulos, servizos e contidos no Portal da emigración “galiciaberta.com”. Baixo este título tan redundante o que se atopa detrás non é máis que a xestión dunha páxina web propia para a Secretaría Xeral de Emigración; algo nos fai evocar o escándalo da renovación da páxina web do Senado.

O outro contrato de Altia formalizouse por un valor de 431.645 € e ten como obxecto o mantemento evolutivo da aplicación SICAS que emprega o Servizo Público de Emprego de Galiza. Estoutro contrato ten unha duración de 12 meses. Dos tres contratos é o máis xustificable polo obxectivo e funcionalidade. Porén, o que non é xustificable é que non se realizara aínda a transferencia de coñecemento para que o mantemento recaia no persoal informático co que xa conta a Xunta.

Tendo en conta os millóns de euros que se levan anualmente estas empresas, desde a CIG cremos necesario analizar criticamente a súa xustificación así como a potenciación dos recursos do persoal propio. Brindámoslle en varias ocasións á Xunta, coa ocasión da creación das novas axencias, a nosa proposta de comisión de control deste tipo de contratos; obtivemos a calada por resposta, non interesa o control nin a supervisión.

Privatizar é máis caro

Non hai que deixar de lado que detrás destes contratos existe un beneficio empresarial que redunda nun empeoramento do servizo, das condicións laborais dos traballadores ou ben de ambos. Que maneira mellor de facer austeridade no gasto que evitando este innecesario "beneficio empresarial" ao desenvolver as funcións con persoal informático da Xunta?

Curiosa a táctica de supervivencia da Administración da Xunta de Galiza, que no canto de reducir os servizos externos, os potencia en prexuízo dos propios. Xa que logo, tendo en conta o elevado ritmo de privatizacións, resulta evidente que o que venden como “austeridade” é en realidade un cambio de modelo na xestión dos servizos públicos que tamén hai que pagar e ben pagado.

Acceso aos anunciaos de adxudicación no DOUE:

Nota remitida á prensa

Defendamos o noso traballo, defendamos o noso futuro

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...