Novas por contido

Dende a CIG-Autonómica non adoitamos contestar as críticas doutros sindicatos e moito menos facer xuízos de valor sobre as accións doutros sindicatos que se chaman de clase cando o que lles preocupa é acadar delegados/as en administracións tan transparentes na contratación como é a Deputación de Ourense, ou invitar a falar na inauguración do seu congresoa conselleira de Traballo e Benestar, a mesma que nos elimina o dereito ao descanso, entre outras moitas medidas.

Estamos a falar de Cc.Oo e das últimas falacias que, a modo de panfleto, están a repartir polos centros de traballo da Consellaría de Traballo e Benestar, onde botan a culpa de todos os problemas que temos na área de Benestar aos asinantes do V Convenio Colectivo, esquecéndose de que quen nos elimina os dereitos é Beatriz Mato, a mesma persoa que eles invitan a inaugurar o seu congreso. Será para darlle as grazas.

Todas e cada unha das barbaridades que manifestan poderían ser rebatidas, pero si falamos de sindicatos nos que o seu máximo representante na Xunta manifesta que o persoal que traballa a quendas é o que libra máis días, ou que o traballar 7 días seguidos é normal e non debemos protestar por elo; non teriamos papel suficiente  para escribir todas estas barbaridades que di Cc.Oo. Do que si estamos seguros é de que os compañeiros e as compañeiras saberán perfectamente distinguir a aqueles que venden as traballadoras e aos traballadores dos que os defenden, a CIG-Autonómica.

O máis grave é o que manifestan nos seus panfletos, por exemplo, Cc.Oo quere que nos paguen as compensacións por traballar os festivos e domingos. Pois ben, dende a CIG-Autonómica seguimos a dicir que NON, NOS QUEREMOS QUE SE COMPENSE CON TEMPO OS FESTIVOS E DOMINGOS TRABALLADOS.

Critican tamén aos asinantes do V Convenio de que non se cumpren as condicións que se marcan nel, esquecéndose de que si esas condicións existían é por que se asinaron nun convenio, e agora se eliminan pola aplicación do EBEP, o cal asinou CC.OO e que marca a posibilidade que a Administración non cumpra os acordos asinados (coma sempre vendendo as traballadoras e os traballadores da Administración).

Falan da xubilación anticipada pero, quen asinou a reforma das pensións? Non foi CC.OO o que asinou esta reforma laboral que nos obriga a xubilarnos aos 67 anos, e por riba, nos ELIMINA A POSIBILIDADE DE XUBILARNOS AOS 64 ANOS CO 100% DO SALARIO? Si, efectivamente, pola súa marabillosa xestión na reforma das pensións que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2013, a partir de agora o persoal non pode xubilarse aos 64 anos, tal e como recolle o V Convenio Colectivo. Quen vende as e aos traballadores? Que nos queren facer crer, que somos parvos?

Que non vos conten contos e que se dediquen a continuar levando aos seus congresos a persoa que nos está a eliminar todos os dereitos conseguidos nos derradeiros 20 anos. Que a conselleira Beatriz Mato continúe a inaugurar os seus congresos, que así se entende a conivencia que teñen coa Administración en cada unha das reunións, e o pouco que lle interesan os nosos dereitos e que sigan dicindo barbaridades tan fóra da realidade coma que, o persoal que traballa a quendas é o que  máis descansa de toda a Xunta de Galiza, ou que o normal é traballar 7 días seguidos.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...