Novas por contido

A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra denuncia o risco para a vida que a consellaría de Medio Rural e do Mar está a causar ao persoal do servizo de gardacostas. A denuncia pública compleméntase con escritos dirixidos á Inspección de Traballo e á Capitanía Marítima.

A Xunta de Galiza demostra unha importante despreocupación polo servizo de vixiancia pesqueira (incluíndo o control do tamaño do peixe e de vixiancia do furtivismo), ao tempo que está a poñer en perigo a vida dos seus traballadores e traballadoras.

O servizo de vixilancia pesqueira da subdirección xeral de Gardacostas, consellería de Medio Rural e do Mar, ordena embargar ao persoal vixiante en botes de rescate mentres mantén amarradas e sen control as lanchas no porto de Vilagarcía.



Con este proceder, os responsabeis políticos do control da pesca e marisqueo amosan unha grave falta de interese pola efectividade das súas obrigas. Pero ao tempo están a poñer en perigo a vida do persoal do servizo xa que un bote de rescate (unha zodiac) está pensada para pequenos desprazamentos e para situacións de emerxencia, non para oito horas de traballo separados a máis de 10 millas do buque nodriza, contratado coa empresa Remolcanosa.

Descoñecemos os manexes que poidan existir, porque o que a empresa Remolcanosa ofrece en realidade a cambio do diñeiro é un buque nodriza adaptado para a loita contra a contaminación que permanece tamén amarrado ao peirao, exercendo os seus botes de rescate o servizo de inspección e vixilancia pesqueira, tendo nas bases embarcacións habilitadas para facer dito servizo.

O órgano de representación dos funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere incidir tamén nunha nova privatización e a falsa austeridade de quen mentres mantén as lanchas propias amarradas ao peirao, contrata servizos cunha empresa privada, pon en risco a vida dos seus traballadores, e desatende as súas obrigas de vixiancia pesqueira.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...