Novas por contido

Noutra demostración do desprezo que demostra a Consellería de Traballo e Benestar coa provincia de Ourense, desta volta tócanlle ás Escolas infantís sufrir as inxustas políticas de recortes do Partido Popular.

O pasado Xoves, día 7 de marzo, publicouse no DOG o Concurso de Traslados do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, no cal participa o cociñeiro dunha Escola Infantil de Ourense, polo que a praza queda vacante.

Dita praza foi solicitada por varias persoas para a súa ocupación de xeito efectivo por persoal laboral fixo da Xunta, unha vez que quedara vacante. E a contestación da Consellería de Traballo foi que esa praza non se podía adxudicar a ninguén por que NON É NECESARIA.

Postos en contacto coa Consellería, o que manifesta é que sobra persoal noutros centros e que a van a recolocar neste centro, algo que cae polo seu propio peso, xa que tanto no CM da Carballeira foi adxudicada unha praza de cociñeira/o neste concurso e dende a Residencia do Maior de Cabeza de Vaca había varios compañeiros/as que pediron o posto de cociñeiro/a na Escola Infantil A Farixa.

Esta é unha nova demostración da eliminación paulatina de servizos básicos para a cidadanía na cidade e na provincia de Ourense, si fai uns días denunciábamos que a Residencia do Maior de O Carballiño leva máis de 2 anos rematada e pechada, agora atopámonos coa intención manifesta e evidente da eliminación do servizo de comedor nas Escolas Infantís Públicas de Ourense.

Que pretenden facer cos nosos fillos máis cativos? Lembremos que nas E.I. asisten rapaces de entre 0 e 3 anos e que é un servizo fundamental para que se poida conciliar a vida laboral e familiar. O servizo de comedor é básico para o mantemento dun servizo de calidade.

Dende a CIG-Autonómica esiximos que se nos dean explicación por que non se cubre a praza de Oficial 1ª de Cociña e se adxudique de xeito inmediato a praza que queda vacante na Escola Infantil A Farixa, a persoa que legalmente lle corresponda.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...