Novas por contido

Manuel Gallardo Canitrot, Secretario Nacional da CIG-Autonómica, con enderezo a efectos de notificacións no local sindical da CIG-Autonómica en San Caetano, soto da Consellaría de Educación, comunica o seguinte:

Ante a noticia aparecida hoxe no seu xornal nas que se acusa de acoso por parte da CIG a un representante do noso sindicato na Xunta de Persoal por mor das suas declaracións en relación co proceso selectivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar , quero aclarar o seguinte:

1º.- Dende esta Central Sindical respéctanse as ideas de todas as persoas a nivel individual.

2º.- Cando este sindicato adopta acordos nos organismos, esta decisión debe ser respectada por todos os delegados/as que representan á CIG-Autonómica en calquera organismo ou mesa de negociación. Senón fora así estaríamos a falar de ser incoherentes cun dos principios básicos da CIG-Autonómica, que é o do asemblearismo.

3º.- Luis Vázquez Estévez, na actualidade é vicepresidente rotatorio da Xunta de Persoal, por acordo dos seus compañeiros e compañeiras da sección Sindical da CIG-Autonómica, xa que a presidenta da Xunta de persoal, tamén representante da CIG-Autonómica, está de baixa laboral e non dimitida. Polo tanto, este señor non é o Presidente da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano.

4º.- Este Secretario Nacional non se puxo en contacto con Luis Vázquez Estévez para facerlle ningún tipo de presións nin acoso polas súas declaracións feitas nese xornal.

5º.- Se ese xornal non fai unha declaración pública rectificando estas acusacións, este Secretario Nacional tomará todas as medidas legais ás que ten dereito, tanto contra esa persoa como contra o medio de comunicación que lle da cobertura sen ter contratastado tal información..

Compostela, a 11 de febreiro de 2009

Asdo.: Manuel Gallardo Canitrot

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.