Novas por contido

Se es persoal laboral, cumpres 65 anos antes do 31/12/2018 e tiveses para entón cotizados un mínimo de 31 anos (ou 30 se cotizaches a unha mutualidade), poderías solicitar a xubilación parcial anticipada, pero é preciso que verifiques que estás incluido/a no listado que Función Pública vai enviar á Seguridade Social o 15 de abril, sen posibilidade de inclusión posterior.

O Real decreto lei 5/2013 anulou a posibilidade de xubilacións parciais anticipadas naquelas empresas en que a parte sindical e empresarial non asinasen un acordo antes do 1 de abril do 2013. No Comité Intercentros de persoal laboral asinamos con Función Pública un acordo uns días antes, o que abre a posibilidade á referida xubilación parcial anticipada.

A CIG-Autonómica ten un listado co persoal laboral susceptíbel de que algún día poidan solicitar a xubilación con esta modalidade, e que Función Pública vai facilitar á Seguridade Social. É moi importante que nos chames e verifiquemos que estás incluido no listado, pois unha vez pasado o día 15 de abril, xa non se van poder incluir máis nomes e as persoas ausentes non van poder acollerse á xubilación parcial anticipada.

Respecto das condicións da xubilación, non é o importante agora, pois do que se trata exclusivamente é de verificar se a xente aparece ou non no listado para que no seu día poidan decidir se se acollen ou non (valorar as condicións e o interese é algo que no seu día terá que considerar o traballador/a).

Se queres saber se ti estás nese listado, estamos á túa disposición nos locais da CIG ou no correo autonomica@cigadmon.gal

Data límite para recibir consultas: venres 12 de abril.

O persoal funcionario está excluido desta posibilidade porque así o impón o Real decreto lei 5/2013.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...