Novas por contido

Propoñen transformar unha planta do centro de Ferrol co obxectivo de cubrir a demanda existente.

O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar vén de solicitar da titular do departamento autonómico que proceda a tomar as medidas necesarias para abrir unha nova planta para persoas asistidas na Residencia de Ferrol. Dende o persoal sublíñase que o proceso de transformación dunha planta de válidos/as en asistidos/as non requiriría grandes obras e permitiría atender a demanda existente.

A Residencia Mixta de Maiores de Ferrol, explican dende o Comité, ten na actualidade unha capacidade de 191 residentes/as, dos que 47 son asistidos e o resto válidos. O edificio consta de sete plantas máis planta baixo e soto. Unha das sete plantas está destinada a asistidos/as con 33 residentes/as valorados como tal, hai outra planta que lle da aloxamento a outros 11 internos tamén asistidos, máis unha área destinada a enfermería  para coidados esporádicos para os internos que así o precisen situada no mesmo andar.

A ocupación real a día de hoxe é de  175 residentes/as válidos e 45 asistidos/as. “Existen pois  baleiras 16 prazas, máis 2 de estancia temporal”, sinalan.

Na  actualidade, matizan, “e debido ao seu proceso lóxico de envellecemento  as  actitudes tanto físicas coma cognitivas dos usuarios/as baremados/as coma válidos/as están a experimentar unha grande degradación cun proceso que supón que deixen de facer  tarefas propias da súa vida diaria por si mesmos, coma aseo persoal, continencia urinaria ou simplemente orientación físico espacial dentro das dependencias da Residencia. Un dato a ter en conta é que 20 dos residentes válidos precisan duchas que veñen facendo o persoal de enfermaría”.

Ademais, na anterior lexislatura  o goberno  tiña pensado acometer una serie de obras maiores no edificio que quedaron truncadas por motivos económicos.

Por todo isto, “consideramos urxente e necesario que unha das cinco plantas actuais para válidos se transforme en planta para  asistidos. Acometendo una serie de obras menores  imprescindíbeis, co fin de darlle a calidade asistencial que os nosos  anciáns/ás merecen, e non causarlles o desarraigo que podería supor o traslado a outra residencia”. Esta demanda foi presentada ante o director do Centro, a xefatura territorial e a conselleira de Traballo e Benestar.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...