Novas por contido

Resumo da xuntanza do día 28-VII-2009  có xefe provincial do SPDCIF da provincia de Pontevedra.

En cada punto trasladámoslle as queixas que nos fostes pasando estes meses e que a continuación vos comentamos xunto coa resposta quen os deu o Xefe Provincial. Os temas tratados foron os seguintes:

1. Traballos a realizar e horarios en período de alto risco.
Preguntámoslle si existían brigadas facendo traballos de prevención, así como os horarios nos que se estaban a realizar estas tarefas.
O Xefe Provincial respostounos que non se están a facer traballos de este tipo. Os tipos de traballo que se están a realizar son limpezas de pozos de auga en días que está nubrado ou en horarios onde a temperatura non e alta e o risco de ir a un lume e moi baixo. Tamén se comprometeu a que non ía a suceder o de outros anos, que despois de que unha brigada se encontraba facendo traballos de prevención toda a xornada, porque o tempo era malo, os enviaban a un lume a outra provincia.

2. Operatividade e estado das obras dos distintos centros de traballo.
Neste punto comentámoslle que existían obras que, sen estar rematadas, os traballadores estaban nelas. E que por este motivo os traballadores estaban nunhas condicións pésimas e discriminatorias. En concreto falamos de puntos de encontro que por non estar rematados os traballadores non podían facer uso deles e de torres de vixilancia nas que se puxeron casetas de obra para que fixeran  vixilancia os traballadores do PLADIGA mentres que o persoal laboral estaba nas oficinas do Distrito.
A resposta foi que o problema do retraso foi a folga do metal, e que foi de 15 días. Descoñecía que existise esa diferencia entre traballadores. E que ata onde sabía se lles dotou dunha caseta de obra, acristalada na súa maior parte, para que os traballadores puidesen desenrolar as súas tarefas de mellor maneira posible.

3. Utilidade dos puntos de encontro.
Posiblemente este foi o punto do que máis falamos, xa que sobre el nos pasastes moitas queixas e dúbidas. En concreto preguntámoslle por:
• ¿Para que se utilizan os puntos de encontro?.
• ¿Permítese que nas noites de mal tempo as brigadas estean neles?.
• ¿Poden as brigadas ir a tomar bebidas ou comidas quentes a eles?. Nalgunhas non hai nin cociña nin microondas nin nada para facelo.
• ¿Quen decide o uso dos puntos de encontro?.
• ¿Quen nomea os encargados dos mesmos?.
Explicámoslle que a motivación destas preguntas era debido que, dependendo da zona, e do/s traballador/es en concreto, podían pernoctar ou non no citado punto, mentres que outros só podían utilizalo para cambiarse e ir a facer garda o monte, aínda que caeran chuzos de punta, e, por suposto, sen poder ir a tomar unha bebida ou comida quente ó mesmo. Así mesmo dixémoslle que os encargados dos mesmos deberían ser nomeados oficialmente e ter unhas funcións o respecto claras e concisas (cousa que os representantes da CIG na negociación dos axentes forestais veñen reclamando, así como cos encargados das bases sexa persoal laboral), xa que nos encontramos desde encargados que teñen un trato cordial con todos os traballadores ata os que se permiten abrir as taquillas dos traballadores/as na súa ausencia, e que, obviamente, este sindicato está disposto a denunciar coma se volva a repetir.
El díxonos que a utilidade dos mesmos decidiuna el. E que dou ordes concretas de que só se podían utilizar coma lugares de cambio de quenda, que non contemplaba a posibilidade de que con mal tempo se fixesen neles as gardas, que el preferiría que houbese unha bolsa de horas coas que poder mandar a xente para casa cando houbese mal tempo e que se devolveran en caso de prolongación de xornada, pero que para iso habería que cambiar o Acordo xa que co actual e imposible. E que non é posible ir os centros de traballo a tomar nin bebida nin comida quente.
No tocante os encargados lle sorprendeu moito que algún encargado fixera o comentado, pero que se enteraría para que non volte a suceder.
Rematamos este punto facéndolle saber que temos resolucións da Inspección de Traballo nas que cataloga os puntos de encontro coma lugares de traballo, non coma lugares de cambio e reunión, así como o dereito a tomar bebidas e comidas quentes, o que en caso contrario sería un incumprimento de Convenio. Ademais de isto recordar que o Convenio recoñece a pausa retribuída na metade da xornada así coma o dereito a parada para facer as comidas si a quenda coincide co seu horario.

4. Vehículos do servicio, utilidade, operatividade, etc.
Preguntámoslle pola situación actual do parque móbil, a utilidade dos vehículos do Servizo e a operatividade dos mesmos.
El entende que si os vehículos teñen pasada a ITV, no caso dos antigos, ou son de recente adquisición están en condicións óptimas. En todo caso son os condutores dos vehículos os que teñen que saber que tipo de vehículo están a conducir para adaptar a súa condución os mesmos.
Neste punto recalcou que na actualidade están a darlle preferencia a separar a carga dos ocupantes nos vehículos das brigadas.

5. Roupa dos vixiantes fixos.
Comezamos indicando o nosos desacordo a roupa que se lles entregou os vixiantes fixos, xa que a maioría do  material entregado non nos parece operativo para o traballo que desenrolan habitualmente ( Chuvasqueiro, cubre pantalón, botas de cana alta con GORETEX, forro polar, calcetíns, pescoceira térmica), só o persoal fixo e fixo-discontínuo.
Nos pedimos que, a lo menos, se lles dese unha camiseta cos anagramas da Consellería, para que estivesen identificados coma tales, xa que coa cantidade de persoal de corpos de seguridade do estado que se encontran vixiando o monte non é a primeira vez que paran o vixiante que vai para o traballo.
El mostrouse de acordo con este punto, incluso comentou a posibilidade darlle os traballadores unha tarxeta que o identifique coma tal, “algo que nos levamos pedindo moito tempo”.

O remate da reunión quedamos en seguir en contacto para resolver temas pendentes.


 

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...