Novas por contido

O mércores, 17 de abril, as traballadoras e traballadores da Unidade da Depencia en Santiago de Compostela, iniciarán un peche a partir das 14:00 h. de xeito simultáneo que o que van realizar os compañeiros e compañeiras da Unidade de Dependencia de Ferrol ao finalizar a xornada laboral, convocados polo Comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña en contra das amortizacións e en favor do mantemento dos servizos sociais públicos cerca dos potenciais usuarios e en mans de profesionais técnicos cualificados/as no Traballo Social.

Este acto de protesta ten como obxectivo denunciar a intención da Consellaría de Traballo e Benestar de desmantelar as oficinas de valoración da Dependencia en Compostela e Ferrol.

SUPRIMENSE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL QUE FACIA A TRAMITACIÓN E XESTIÓN DO PROCEDEMENTO DE DEPENDENCIA NESTAS DÚAS LOCALIDADES.

A Consellería de Traballo e Benestar quere eliminar os 15 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Santiago de Compostela e do Equipo de Valoración de Discapacidades, persoal pertencente á Xefatura Territorial da Coruña e aos Servizos Centrais da Xunta. As oficinas ubicadas en Área Central en Fontiñas quedan desmanteladas coa supresión de 2 psicólogos, 6 asistentes sociais, 1 responsable progr. da Unidade de atención á dependencia e 6 auxiliares administrativos que levan dende o ano 2006 atendendo a máis de 20.000 persoas de Santiago de Compostela e comarca (Padrón, Melide, Ribeira, A Pobra,etc).

Así mesmo, tamén eliminan 6 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Ferrol e 1 no Equipo de Valoración das Discapacidades, coa excusa da centralización en A Coruña. A Oficina presta atención a 240.786 potenciais usuarios/as ubicados en 31 concellos(das comarcas de Ferrol, Ortegal, Eume e Betanzos). 

En Ferrol, vanse suprimir 4 postos de Asistentes Sociais, 1 fisioterapeuta, 1 médico; o que se fai é destruír, principalmenmte, os postos de traballo relacionados coa parte técnica do procedemento de valoración de Dependencia. Non se teñen en conta nin as competencias do órgano de valoración nin dos técnicos de valoración e o volume de poboación atendida. A provincia de A Coruña é a mais poboada de Galicia (1.147.124 hab. distribuída en 94 concellos), mentres a provincia de Pontevedra (963.511 hab. distribuida en 62 concellos) con menor poboación e menor número de Concellos non se plantea a supresión dun dos seus órganos nin do número de técnicos de valoración que hai no seu territorio. Sin embargo na provincia de Coruña desmantelanse as oficinas de Ferrol e Santiago de Compostela.

A desaparición dos equipos de valoración e o traslado A Coruña dos expedientes suporá a eliminación da oficina da Dependencia en Compostela e Ferrol e supón ademais unha perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedentes. Penalizase a un sector da poboación moi sensible e aos seus coidadores. A Administración non ten xustificación para alonxar a prestación de sevizos tan básicos dos seus posibles usuarios/as. Rematase coa proximidade ao cidadán e dificultase o acceso dos mesmos a unha tramitación axil e eficiente.

SERVIZOS PÚBLICOS E DE CALIDADE PARA TODAS AS PERSOAS NON SÓ PARA OS QUE OS POIDAN PAGAR.

POLA ACCESIBILIDADE DA DEPENDENCIA A QUEN MÁIS A NECESITA.

NON Á PERDA DE MÁIS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS NA COMARCA de COMPOSTELA.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...