Novas por contido

A Xunta de Galiza publica un vídeo retrógado no seu web sobre o concepto "familia galega" e aproveita para facer pedagoxía dos recortes cos cartos de todas e todos.

A Xunta de Galiza celebra hoxe o día da familia e o goberno galego súmase á declaración deste día como día internacional da familia, a familia auténtica,  a que describe con imaxes no seu web corporativo:  avoa aforradora, papá, mamá, imaxinamos que casados pola igrexa, evidentemente fillo e filla (ou os que veñan), coa deformidade psíquica ou física que Deus decida no período de xestación, como ten que ser... Imaxinamos que isto é o que entende por familia este goberno, familias que se portan ben, que non van a manifas do 15-M, sen ir máis lonxe, que non protestan e que non están sindicados.

Hoxe, tamén se publica a modificación da RPT de Traballo e Benestar, hoxe hai 59 familias que se van á cola do paro, hoxe tamén hai familias, seguramente que desas que son exemplares, de ben, que se van beneficiar das 80 LD´s que se publican.

A Xunta, hoxe, prefire gastar os cartos que detrae dos servizos públicos nun vídeo casposo e retrógrado, con ese arquetipo de familia “Cuéntame”, pobre pero feliz,  inculcando as mesmas mensaxes coas que o telexornal nos ilumina cada día, que por se non te enteraches aínda, son as que seguen:

NON GASTAR MÁIS DO QUE SE TEN.  E para iso nada mellor que che leve de vacacións, pola puta cara, o teu amigo narcotraficante, a sitios onde había neve pero dos que nin te lembras.

DAR MÁIS A QUEN MÁIS O NECESITA. Privatizando e amortizando prazas nos Centros de discapacitados e nos centros de maiores, pechando centros de saúde, subindo as matrículas universitarias...

CENTRARSE NO VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE. O déficit, evidentemente, que nos aplaudan os señores da troika, aínda que aquí medre a miseria e o paro.

TEMOS O MELLOR MODELO DO QUE APRENDER... AS FAMILIAS GALEGAS. Pero de que familias nos falan? das mesmas que están machacando? E onde quedan as familias monparentais, por exemplo?

NON FACEMOS NADA QUE TI NON FARÍAS. Isto xa é o “non vai máis”, pero que rostro teñen esta xente!!! Quitarnos as extras é algo que ti mesmo te farías a ti mesmo, propoñemos que o seguinte recorte se faga de xeito voluntario, incentivando ao conxunto de empregadas e empregadas públicas a baixarse o soldo de xeito optativo, incluso na cantidade que valoremos, todos e todas, canto nos sobra e canto podemos aportar para saír desta crise que nos merecemos, por non ser, todos e todas, unha familia perfecta. PD: E non vale levar os cartos para Suíza ou cobrar en sobre.

Por certo, todo este spot do que a Xunta do PP entende como unha familia galega ideal vai aderezado  cunha pastelosa canción no idioma propio das familias galegas: o inglés

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...