Novas por contido

Na Mesa Xeral do 18 de xuño, informounos o Director Xeral da Función Pública de diversos asuntos de interese.

Concurso Gardacostas: Publican no DOG o día 20 de xuño a Orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do servizo de Gardacostas. Os 38 aspirantes admitidos ás 62 prazas ofertadas, foron adxudicadas 21 (19 na primeira fase e 2 en resultas).

Concurso xeral: Publican no DOG o día 20 de xuño a Resolución pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluidos. Foron admitidas 2886 e excluidas 148 persoas para un total de 1085 postos.

Concurso de especial: a baremación provisional estará lista na primeira quincena de xullo.

Listas substitución-novas listas: Publican no DOG o día 20 de xuño a Resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a  elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios de diversas especialidades das escalas de Profesores Numerarios e de Mestres de Taller de Institutos Politécnicos Marítimo-Pesqueiros.
Especialidades: Comunicacións, Maquinas e instalacións mariñas, procesos sanitarios, formación e orientación laboral – subgrupo A1 – e servizos ao buque –subgrupo A2 –.
Non se elaboraran con anterioridade: Especialidades establecidas pola Orde da Consellería do Mar do 9 de maio de 2011.
Regulación: artigo 6 do Decreto 37/2006 do 2 de marzo polo que se regula o nomeamento de persoal interino e a contratación de persoal laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de xullo de 2013. Ámbito territorial da lista: autonómico.

Listas substitución-reapertura: Publican no DOG o día 20 de xuño a Resolución pola que se acorda a apertura de determinadas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Especialidades PIPNP: Lexislación marítima, Procesos de cultivo acuícola, Inglés marítimo – subgrupo A1 – , traballos técnicos de mergullo e maquinas e produción – Subgrupo A2 –.
Categorías persoal laboral: Titulado/a Superior Médico (2) do grupo I.
Atopanse en xestión listas de estas especialidades e categorías  pero non se admitían novas inscricións en aplicación do artigo 6.2 do Decreto 37/2006.
O actual número de integrantes da lista e a previsión de novos chamamentos fan necesaria a apertura a novas inscricións.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de xullo de 2013
Ámbito territorial da lista: autonómico para escalas de profesores numerarios e provincial para a categoría de titulado/a superior médico.

Prazo de posesión de categorías IV-4 e IV-5: publicarán no DOG do 27 de xuño a apertura de prazo para tomar posesión dos postos destas categorías. Esto afectará a: categoría IV-4, 38 persoas de concurso e 75 de novo ingreso; categoría IV-5, 24 persoas de concurso e 94 de novo ingreso.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...