Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 23 de xullo leváronse a votación os seguintes puntos: Decreto de integración de Industria, prolongación servizo activo persoal Lei 17, anteproxecto de Lei de racionalización, concurso das Escalas de Finanzas e modificación da RPT de Facenda

DECRETO DE REORGANIZACIÓN DAS ENTIDADES ADSCRITAS A INDUSTRIA

Manifestamos que non recollen o fundamental das nosas alegacións. Pero o máis importante é que vai ser difícil que a CIG poida apoiar reorganizacións nacidas dunha lei e dun decreto que a CIG votou en contra. Non estamos dacordo coa integración, tal e como ven derivada da LOFAXGA e do Decreto que regula ao persoal das entidades instrumentais, e ademais vai supoñer unha integración á carta e con criterios arbitrarios onde a Administración vai poder ao final escoller quen integra e quen non, quen ocupa un posto estrutural e quen non. No caso do persoal temporal e indefinido non se garante que o posto se cree na nova axencia co que pode dar lugar ou ben, a ser despedidos (e lembremos que aquí houbo numerosos casos de represión laboral e sindical), a adscribilos a postos de persoal interino ou temporal da Xunta (algo inadmisíbel) ou a crear os postos para ocupalos temporalmente (algo que está nas mans da Xunta).

Introducen unhas modificacións ridículas, unha referida ao carácter voluntario da integración (algo que ven recollido no decreto marco) e outra referida a un futuro estudo para determinar cales son as necesidades de emprego estrutural (que supoñemos que lles vai valer de tamiz para filtrar a xente afín).

CIG- En contra

CCOO- Abstención

UGT- A favor

CSIF- A favor

 

ORDE PARA A PROLONGACIÓN DA PERMANECIA NO SERVIZO ACTIVO DO PERSOAL DA LEI 17 (ESCALA DE SAÚDE PÚBLICA)

A CIG non considera necesaria esta Orde pois xa existe unha de xaneiro feita para o mesmo fin para todo o persoal dependente de Función Pública, entre eles o persoal funcionario de Saúde Pública).

Fora disto a CIG se reitera no dito para a orde que regula esta materia con carácter xeral e non considera que se deba admitir a prolongación máis que no caso de que falten períodos de cotización para a xubilación.

CIG- En contra

CCOO- Abstención

UGT- En contra

CSIF- En contra

 

ANTEPROXECTO DE LEI DE RACIONALIZACIÓN DO SECTOR PÚBLICO

Este punto foi retirado para ampliar o prazo de alegacións.

Van a estudar as alegacións presentadas polas OOSS, en concreto sobre o IGE. Sobre as funcións da nova axencia o estudarán pero pensan que tal e como veñen recollidas no art. 39 son similares ás actuais e ademais estas deberán ser recollidas no decreto que aprobe os Estatutos da nova axencia. Tamén están dispostos a estudar a autonomía funcional do director/a que dentro da Axencia asuma a matería estatística.

Coa fusión IGE-CIXTEC a Administración desbotou outra posibilidades que eran a fusión do CIXTEC con AMTEGA ou ben coa ATRIGA.

 

CONCURSO DAS ESCALAS DE FINANZAS

Reiterámonos nas alegacións da Mesa Xeral que non foron tidas en conta o que nos leva a votar en contra. Queremos que se poña en marcha este concurso pero non así. O Director Xeral comenta que despois de rematada esta tanda de concursos convocará ás OOSS para tratar de consensuar para o futuro unhas bases que rixan todos os concursos.

CIG-  En contra

CCOO- Abstención

UGT- En contra

CSIF- Abstención

O director anuncia que se convocará de xeito inmediato en agosto pero cun prazo máis amplo que se abranga algún período de setembro.

 

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DE FACENDA

A Administración propón modificar dous postos de xefatura de servizo. Un deles se abre das escalas de finanzas á Xeral. Non podemos aceptar este xeito de actuar da Administración que lonxe de actuar con criterios obxectivos para detectar cales son as carácterísticas deses postos para logo determinar que corpos ou escalas son os óptimos para cubrilos, o que fai é adaptar o posto á persoa que queren que o cubra, abrindo ou pechando aos corpos ou escalas aos que lle interesa. Lamentábel  xeito clientelar de xestionar unha RPT, a golpe de ordes netamente políticas.

CIG- En contra

CCOO- A favor

UGT- A favor

CSIF- A favor

 

VARIOS

  • Reiteran que a resolución do concurso de corpos especiais o publicarán en xullo se da tempo e senón en setembro.
  • Dende a CIG pedimos que se apliquen criterios similares en relación ao días de ausencia por motivos médicos que non xeren IT, xa que algunha xefatura territorial esixe que ao faltar un día por causa médica se presente parte de baixa.

 

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...