Novas por contido

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar denuncia publicamente a desidia do departamento dirixido por Beatriz Mato, en canto á dotación adecuada e estipulada legalmente de roupa de traballo para o persoal de escolas infantis, centros de menores e residencias de maiores da provincia da Coruña.

A pesar de que o V Convenio do Persoal Laboral ordena a entrega anual de roupa e calzado profesional para o persoal laboral dos centros de atención directa, a consellería de Traballo e Benestar, incumpre coa súa obriga á espera dun macro concurso de subministración que ademais non contempla entregas de roupa de traballo coa temporalidade anual ou desaparecen categorias completas como as que prestan servizo nas Escolas Infantís.

Esta situación que xa se manten durante todo o ano 2013, esta a provocar verdadeiras situacións de vergonza allea, ao ter que prestarse servizos con roupa desgastada polo uso, con calzado en mal estado e mesmo uniformes con remendos.

Os casos de maior retraso de entrega de nova uniformidade (algun de varios anos), producense na provincia da Coruña; nas Escolas Infantis, no Centro de Menores de San Xosé de Calasanz, e no Complexo de Menores Ferrol I , faltando ademais diversas categorias por recibir uniformidade en Residencias de Maiores e CAPD da Coruña.

Esta situación foi posta en coñecemento da secretaría xeral de Traballo e Benestar o pasado mes de agosto, pero non houbo nengún tipo de resposta nen de solución ao problema prantexado.

A Beatriz Mato non lle importa a situación dos centros que dependen do seu departamento, ela teno claro recortar nos servizos públicos e nas prestacións aos usuarios, a costa do que sexa, neste caso é a roupa de traballo e o calzado do persoal laboral .Eso si no concurso para que unha empresa suministre a roupa das residencias de maiores de toda Galicia, non lle importa despilfarrar en elementos superfluos ou categorias inexistentes. O escrito remitido no seu día sobre esta licitación foi o seguinte:
 
Á ATENCIÓN DE SECRETARIA XERAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.

En relación coa resolución do 18 de xullo de 2013, desa Secretaría Xeral pola que se convoca a subministración de uniformes, fagolle chegar as seguintes alegacións deste Comité de Empresa.

Existen diferencias coas prendas obxeto de suministro e o recollido no Anexo V do vixente V Convenio Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sobre roupa de traballo e calzado profesional, que deixan de suministrase ou non se fai coa temporalidade fixada no mesmo, polo que se esta a incumprir o anexo citado. Tendo en conta ademais que na provincia da Coruña, xa se da un retraso considerable en varios centros de non entrega no período fixado polo Convenio.

Na descripción do subministro aparecen as categorías profesionais de Chef, camareiro/desempolvador (1,507 mandiles) que non existen no Convenio, solicitamos aclaración de categoría a que se refire ou si foi un erro de copia doutro documento e no caso dos 1.507 mandiles descoñecemos o seu destino e uso.

Excluese da entrega de chaqueta de punto ás categorias de camareiro-a/limpador-a, limpador/a e mozos de servicio que si a teñen recollida no Convenio Único.

Non aparece a categoria Técnico especialista xardin de infancia III-50. O persoal das Escolas Infantiles esta a ter retraso na entrega da súa uniformidade ou non se fai a entrega polos centros durante o ano actual.

A categoria de Educador non figura entre as categorias sinaladas na licitación para ter zocos. Dereito recollido no acordo de Roupa e calzado.

A categoria de Auxiliar Coidador non ten licitado 1 chandal e 1 par de zapatillas deportivas.Dereito recollido no acordo de Roupa de calzado.

O que se pon no seu coñecemento aos efectos oportunos de garantir que na subministración de uniformes para o persoal de Traballo e Benestar se cumpla co esteblecido tanto na frecuencia de entrega, como número de prendas de roupa e calzado profesional a que ten dereito o persoal laboral segun o anexo V do Convenio ünico do Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

Outras novas recentes

Venres, 10 Xullo 2026

Modificacións das RPTs do Medio Rural e de Presidencia, Xustiza e Deportes (CP 10/07/2026)

Na modificación da RPT do Medio Rural os postos creados son insuficientes e non prevalece o sistema ordinario de provisión de postos, aínda que se incluíu o posto no acordo do SPIF. Canto á RPT de Presidencia, Xustiza e Deportes, non tiveron en conta o incremeto de media hora en todos os postos de persoal limpador, non aceptaron o aumento do complemento específico dun posto...
Venres, 17 Xullo 2026

Oposicións a enx.agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial do xoves 16 de xullo, tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven)....
Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor. A SITUACIÓN Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa...