Novas por contido

Tal e como advertíamos a principios de agosto, a Administración aproba na Comisión de Persoal que dous postos de persoal funcionario de AMTEGA estén abertos a persoas afíns

A principios de agosto, dende a CIG denunciamos que a Administración da Xunta de Galiza pretendía crear varios postos de funcionarios que ían ser ocupados por persoal da empresa privada.

Na Comisión de Persoal do día 28 de outubro, a Administración levou a proposta que finalmente aprobaron: créanse cinco postos de persoal directivo funcionario na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA), dos cales dous van poder ser ocupados por persoas da empresa privada. Trátase dos postos de Xerente e de Director da Área da Sociedade Dixital.

 

O director xeral de Función Pública expresa na Mesa que se nomearán funcionarios de carreira para estes postos. Pero si é así por qué manter abertos os postos a persoal de alta dirección?

Non vale que o director xeral se comprometa verbalmente. Si de verdade pretendera iso na RPT se recollería que estes postos son pechados a AXG, é dicir a persoal da Administración Xeral da Xunta de Galiza. No canto diso o que se fai é crear cinco postos de persoal directivo do subgrupo A1 (o de xerente e catro directores de Área) dos cales dous están abertos a persoal da empresa privada.

Pola experiencia destes anos sabemos que a palabra do Partido Popular vale cero, de aí que non sexa críbel un compromiso que non se materializa na Relación de Postos de Traballo da AMTEGA.

E como dicíamos en agosto, isto vai supoñer un sobrecuste ás arcas públicas ao cobrar este persoal 6.000 euros anuais máis que un subdirector xeral, un funcionario da súa categoría coas retribucións máximas.

En definitiva, se privatizan postos de funcionarios, apostan por importar persoas afíns fronte a apostar polas persoas funcionarias do subgrupo A1 da Xunta de Galiza, constitúe un insulto a estes compañeiros/as con sobrada e demostrada capacidade técnica para desenvolver estes postos, increméntase un gasto para realizar unhas funcións que poderían ser desempeñadas e de mellor xeito por persoal propio. Esta é a Administración do Partido Popular, privatizada e máis cara.

Dende a CIG sinalamos que esta é só a primeira pinga deste proceso e rexeitamos non só que se inunde a Administración de persoas da empresa privada, senón a mesma regulación da figura do persoal directivo e o proxecto de Lei de Emprego Público, dictada según os mandatos da FAES.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...