Novas por contido

Un outro ano máis a comparsa da CIG nos Servizos Centrais percorreu os corredores dos edificios administrativos centrais da Xunta de Galiza. As compañeiras e compañeiros que formaban a comparsa parodiaron a personaxes da farándula como a Duquesa de Alba, o ministro do interior,  Ana Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta Cristina.

Tivo cabida tamén algunha parodia con respecto ao aborto na forma de crítica aos procesos de amortización de prazas que está a levar o goberno da Xunta con seguinte lema: “Non ao aborto de prazas de Funcionarios”, “Si á vida dos Servizos Públicos”; así como tamén unha mensaxe coa foto de Gallardón que sinalaba “Defensor dos dereitos do funcionario concebido e non nacido”.

Así mesmo, a personaxe que parodiaba ao ministro do interior, levaba un cartaz co lema “Por unhas palizas públicas e de calidade”, Ana Botella ía propoñendo un “Keep calm and  relaxing cup of café con leche” e unha outra pancarta coa foto da Ministra de Traballo levaba unha mensaxe que a sinalaba como “Defensora do despedimento de Calidade, Libre e Gratuíto para o Persoal Laboral”.

O percorrido, logo dun pequeno paseo por San Caetano iniciouse no Rexistro Xeral da Xunta, chegou á cafetaría de San Caetano, continuou pola Área de Benestar dirixíndose logo ás dependencias da Función Pública, no edificio da Presidencia. Este percorrido, na súa totalidade, estivo custodiado e acompañado pola Policía Autonómica (esta non ía disfrazada).

Neste último lugar, nas dependencias da Consellaría de Presidencia, a comparsa recibiu a mensaxe clara e contundente dun mando da Policía Autonómica que procedeu a comunicar aos membros da comparsa que "recibiran ordes de arriba" de que tiñamos que parar e que non se ía permitir continuar o percorrido carnavaleiro por San Caetano. Logo dunha pequena tentativa de seguir coa actividade festiva e vista a intransixencia do mando da policía, a comparsa decidiu dar por finalizado o percorrido. Hai xente "arriba" que non ten sentido do humor...

Iso si, volveremos o ano que vén.

A SAN CAETANO VOU LIXEIRIÑO, CAMIÑANDO
LEVO O MEU PARAUGUIÑAS QUE PRA GASOIL XA NON TEÑO CARTOS
AO TRABALLO VOU LIÑEIRIXIÑO, VOU CHORANDO
É POLA MIÑA EXTRA QUE FRIJOLITO ME ESTÁ SISANDO
VOU SUBINDO ESCALEIRAS, CRUZANDO PORTAS, SEMPRE CANTANDO
VAITE SABER A QUE ANDAN ESTES PANOCOS NOS SEUS DESPACHOS


AO TRABALLO VOU, (LIXEIRIÑO)
AO TRABALLO VOU, (VOU CHORANDO)
COMO UN DINOSAURIO POLO CAMIÑO DA EXTINCIÓN
AO TRABALLO VOU, (LIXEIRIÑO)
AO TRABALLO VOU, (VOU CHORANDO)
E AO FRIJOLITO E AOS SEUS RECORTES DICIMOS NON


A SAN CAETANO VOU LIXEIRIÑO, CAMIÑANDO
PORQUE NON TEÑO CARTOS E FRIJOLITO ESTÁ RECORTANDO.
AO TRABALLO VOU LIXEIRIÑO, VOU CHORANDO
PORQUE REBAIXAN SOLDOS, PORQUE DESPREZAN O MEU TRABALLO
VOU SUBINDO ESCALEIRAS, CRUZANDO PORTAS, SEMPRE CANTANDO
VANSEME HINCHAR AS BOLAS DE TANTO AXUSTE QUE ESTÁN
MANDANDO

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...