Novas por contido
O Comité provincial chama a Xefatura Territorial a elaborar unhas quendas equilibradas e que garantan a mellor calidade asistencial
 
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de declarar ilegais as carteleiras impostas pola Consellaría de Traballo e Benestar para o persoal laboral que presta servizos nos centros de atención a persoas con discapacidade, residencias de menores e residencias de maiores da provincia da Coruña. A sentenza recoñece que a elaboración das quendas de traballo obrigaba a unha negociación coa representación do persoal, principio que a Xefatura Territorial non levou a cabo.

O Comité de empresa presentara conflito colectivo contra as quendas de traballo impostas pola Xefatura Territorial, ao considerar que eran abusivas e desequilibradas. Até 2013 estas carteleiras se negociaban coa representación social, mesmo centro por centro, mais o pasado ano a Consellaría “aludindo á austeridade” impuxo unhas quendas “abusivas e escravistas”.

Neste senso, as traballadoras e traballadores dos centros dependentes de Benestar está a traballar até nove días seguidos e mesmo tres fins de semanas continuados, creándose situacións de sobrecarga e estres laboral que afectan tanto á conciliación da vida laboral e familiar do persoal como á propia calidade asistencial.

Aínda que a Consellaría recorreu a resolución xudicial en casación, dende o Comité de empresa confían en que a terá poucas opcións de gañar, polo que a administración “deberá cumprir a sentenza, chamarnos a negociar e modificar as actuais carteleiras, que están levando ao persoal a traballar en precario e sobre explotado”.

A este respecto, dende  o Comité informaron que teñen solicitada unha xuntanza coa Consellaría para tratar a sentenza do TSXG e garantir que se dea cumprimento á mesma, xa que nestes momentos se están a elaborar as quendas para o presente ano e a administración “continúa coa mesma actitude”.

Na comparecencia, o Comité tamén denunciou a “falsa austeridade” preconizada pola Xunta, porque “agora a administración vainos ter que pagar cartos, cando era máis sinxelo negociar unhas quendas axeitadas, racionais e que permitan dar unha atención adecuada”.

A sentenza do TSXG afecta aos centros de menores, residencias de terceira idade e centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da provincia da Coruña e a uns 1.800 traballadores e traballadoras. Ademais, explicaron, o fallo ten carácter de cousa xulgada polo que permite a reclamación individual por danos e prexuízos.

O Comité tamén interpuxo conflito colectivo contra a xornada de verán, ao excluírse da mesma ao persoal laboral que presta servizos en centros de atención directa. Porén, o TSXG non estimou esta reivindicación.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...