Novas por contido

O 31 de marzo publicouse no DOG a apertura do prazo posesorio do concurso xeral, sendo o primeiro día hábil para cesar o 1 de abril e o 2 de abril como primeiro día para poder tomar posesión no novo posto. Iso tendo en conta que se apuren os prazos e que non houbese prórroga do cesamento.

E que efectos económicos vai ter isto? Segundo a Orde de confección de nóminas para 2014, cobraríase o mes de abril polo posto no que se estivese en activo no primeiro día hábil do mes. Isto quere dicir que as persoas que cambien a un posto de maior nivel no concurso, non verían incrementadas a súas retribucións pola maior parte do mes de abril traballado no novo posto. Con relación aos concursos, a orde de nóminas só establece a excepción no caso de reincoporación ao servizo activo, que se cobraría a partir do día do reingreso.

Porén, no artigo 14.4 do Decreto 93/1991 de provisión de postos, establécese que, para tódolos efectos, o prazo posesorio considerarase como de servicio activo,comenzando os efectos económicos no novo destino desde a data de cesamento no de procedencia. A diferenza é que, segundo o decreto, cobraríase cada parte do mes polo posto que efectivamente se ocupe; algo, a todas luces, moito máis xusto.

Xa que logo, temos unha Orde de instrucción de nóminas que non incluíu esta excepcionalidase, a pesar de que, por outro, lado temos un ano 2014 no que a Administración tiña previsto que habería vairas tomas de posesión (concurso xeral, especial, informática e finanzas). Dada a xerarquía normativa, o Decreto manda por riba da Orde.

E que facer agora? Dado que isto podería xerar un montón de recursos que de non ser resoltos no sentido das expectativas dos recorrentes remataría en contenciosos, co custe que iso supón, tanto para os demandantes como para a Administración, deberíase remediar esta situación aplicando a literalidade do disposto no Decreto 93/1991 canto antes sexa posible.

Por isa razón, vimos de transmitirlle todo o anterior ao director xeral de Función Pública. Houbo total aceptación e vai transmitir a nosa consideración á Intervención Xeral xunto co noso escrito, advertindo a contradición entre a Orde de confección de nóminas e o Decreto de provisión. Por parte de Función Pública non hai moito máis pois a competencia sobre este tipo de cuestión recae na Intervención Xeral.

Entendemos que aínda que non poida haber un reflexo inmediato na nómina de abril, as diferenzas salarias polo cambio de posto deberan ser normalizadas na nómina de maio.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...