Novas por contido

A Xunta continúa así coa fomalización de contratos con consultoras que incide na privatizacións dos servizos e que, aínda por riba, carece de xustificación.

A seguinte é unha desas consultoras das que o propio persoal do centro non ten nin idea da súa existencia, xa que logo, non se sabe a que se dedica.  A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou o 7 de marzo de 2014 un contrato para a para realización de "consultoría funcional de procedementos administrativos competencia desta Axencia". Este contrato foi finalmente adxudicado a E-TECNIA GEOSISTEMAS E INGENIERIA, S.L. por un valor de 79.073,83 € (sen IVE) e cun prazo de execución de 18 meses.

O obxecto deste contratro de servizos é algo que no resto de centros ou departamentos da Xunta se fai con traballadoras e traballadores públicos e cordinado pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (que para iso esta). Estas son esas "complicadas" funcións descritas polo contrato que xustifican aumentar o gasto público cunha privatización TOTALMENTE INNECESARIA.

- Análise de posibles evolucións funcionais e rexistro das incidencias do grupo de usuarios.
- Elaboración de informes e consultas estatísticas non planificadas.
- Estudo e mellora de procedementos de traballo da AXI

O obxectivo final deste contrato de servizos, se vemos o prego de prescripcións técnicas do contrato, é contratar a 2 persoas durante 1,5 anos, nin máis nin menos. E ollo ao perfil das persoas, como se non houbera o persoal propio preciso na Xunta, ou as categorías e escalas necesarias, para acometer eses traballos:

- 1 Xefe de unidade, que cumpra os seguintes requisitos:
Titulado universitario.
Máis de cinco (5) anos de experiencia en xestión de proxectos e de equipos de traballo.

- 1 Consultor de negocio, que cumpra os seguintes requisitos:
Titulado universitario.
Experiencia de dous (2) anos en aplicacións de xestión contable de Administracións Públicas (XUMCO2 ou similar) sometidas a unha fiscalización limitada previa.

Chama a atención a "experiencia na xestión contable de Administracións públicas", e xa que logo, que unha persoa que non sexa traballador ou traballadora pública poida ter experiencia no manexo dunha ferramenta como o XUMCO2 que é de uso exclusivo para persoal propio que traballa dentro da Xunta. Isto resulta un indicio que este contrato apunta a persoas que xa estiveron traballando cun contrato de serivzos similar dentro da propia sede da Axencia de Infrastructuras.

Este tipo de contratos, moi cuestionados polas súas funcións, contrastan ademais coa política de austeridade da Xunta de Galiza co persoal propio. Por outra banda, sementan moitas dúbidas sobre o funcionamento da Administración, máxime nun momento en que saen á luz pública moitos dos intereses espúreos e corruptelas que se agochan tralas privatizacións dos servizos públicos.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...