Novas por contido

A ampliación do crédito actual de 540.000 € súmase aos 1.135.000 € xa aprobados en marzo.

O 14 de marzo publicouse no DOG a convocatoria da axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión por valor de 1.135.000 €. Nin 2 meses despois publícase no DOG unha ampliación de crédito por valor de 540.000 €, o que supón unha ampliación do 47% do crédito inicial. Isto fai un total de 1.675.000 € para este ano. Cómpre recordar que o ano pasado foron destinados 1.550.000 €.

Os gastos públicos en medios de comunicación xa son polémicos de por si. Porén, tórnanse máis polémicos no momento actual ao ser considerado como un gasto totalmente prescindible fronte ao mantemento dos servizos públicos. Iso por non falar de que esta ampliación de crédito chega en plena campaña eleitoral ao Parlamento europeo.

Meses atrás o propio Goberno galego comezou a propagar a mensaxe de recuperación auspiciada polos datos macroeconómicos que non teñen reflexo na melloría da situación da clase traballadora. Recentemente a conselleira de Facenda aumentaba as previsións de crecemento económico do noso país dun 0,8% ao 1,2%.

Porén, este optimismo non se tornou nun incremento do gasto público en materia social, dirixido precisamente ás persoas que máis están sufrindo a situación de recortes de dereitos defendida e propiciada, en parte, polo propio Goberno autonómico. Todo o contrario, vemos, como neste caso, un aumento no gasto destinado a cuestións puramente de interese partidista: comprar espazos nos medios de comunicación.

Por suposto, como traballadoras e traballadores públicos tivemos que escoitar máis de unha vez que non había cartos para recuperar as nosas extras, abolir a lei de medidas ou mesmo para devolvernos a parte roubada da extra do 2012 que os propios tribunais recoñecen. Parece ser que senón, non daba para manter os servizos públicos esenciais... xa vemos o que interpreta este Goberno como “esencial”.

Contratos e convenios

Ao marxe das axudas que se establecen a través desta resolución, hai que ter en conta a cantidade de diñeiro de difícil control e seguimento que supón a publicidade institucional que contratan as diferentes consellarías: anuncios e campañas que teñen pouco de informativas e moito de botarse flores sobre as políticas desenvoltas. Cómpre destacar neste sentido a polémica campaña de Traballo e Benestar que pretende animar “o espírito reproductor”.

Ao anterior hai que engadirlle os mal chamados "convenios de colaboración" nos que os medios cos que se realizan reciben máis cartos a cambio de máis publicidade. Só por citar un exemplo podemos falar dos convenios da Consellaría de Medio Rural do 2º cuadrimestre do ano pasado (DOG 19/03/2014) onde só esta consellaría destinaba 1.018.000 € para convenios con diferentes medios de comunicación galegos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...