Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120511.gaias.3.jpg
  • 20120501.Ferrol.1.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20130305.Vigo.Carrousel.jpg
Martes, 16 Abril 2019

SEPGA, o sindicato bipolar

A irrupción do sindicato SEPGA nas recentes eleccións sindicais do persoal funcionario foi unha sorpresa. Nunca antes se mirara votar a tanto subdirector/a xeral, secretario/a territorial, xefe/a territorial, xefe/a de servizo.. Houbo ata quen, pola falta de costume a votar, andaba un pouco perdido.

Consecuencia do resultado, vamos ter unha curiosa representación sindical dos funcionarios e funcionarias, nalgúns casos bipolar. Vai un exemplo:

Fai tan só dous meses, o 18 de febreiro,...


Luns, 15 Abril 2019

Se non te funcionarizas devolves a pasta da carreira

O persoal laboral fixo que se comprometa a funcionarizarse, cobrará a carreira profesional. Pero que pasa co diñeiro se finalmente non se funcionariza? Que pasa se non se presenta ao proceso? E se non o supera? Tería que devolver o diñeiro cobrado?

O texto do Acordo de Concertación que asinaron CCOO, UGT e Xunta, di o seguinte:

O persoal laboral fixo [..] poderá acceder ao sistema de carreira profesional [..] se opta de maneira expresa e individualizada por acollerse ao proceso de...


Venres, 12 Abril 2019

A CIG gaña as eleccións sindicais de persoal funcionario

Con 46 delegadas e delegados, a CIG revalida o primeiro posto na representación de persoal funcionario nas cinco Xuntas de Persoal.

Os resultados globais das votacións do xoves 11 de abril son os seguintes:

2019
    CIG     CSIF    CCOO   UGT   SEPGA   Total 
Servizos Centrais 10 5 3 1 6 25
A Coruña 8 5 4 3 5 25
Lugo 8 5 2 4 4 23
Ourense 6 9 5 3   23
Pontevedra 14 2 3 2 4 25
Total 46 26 17 13 19 121

En relación ao ano...


Mércores, 10 Abril 2019

Modificacións ás bravas dos horarios de conciliación familiar nas OACs

A Consellería de Medio Rural está a enviar estes días escritos polo que se modifica, polas boas, os horarios flexibles por conciliacicón familiar ao persoal das Oficinas Agrarias Comarcais.

Segundo a información que temos, estarían a chegar os escritos ao persoal técnico (veterinarios/as e enxeñeiros/as tec. agrícolas), baseándose en que estas oficinas teñen un carácter de oficina de rexistro e atención ao público.

O caso é que, segundo se desprende da notificación, ou asinan a...


Martes, 09 Abril 2019

Os sindicatos do NON

A CIG é a alternativa que temos o persoal funcionario para recuperar dereitos. Fronte a isto están os sindicatos que pactando malos acordos, impediron conseguir un cadro de melloras aceptable.

  • NON quixeron que as nosas retribucións subisen, polo menos, conforme ao IPC. E estableceron unha porcentaxe fixa por debaixo do IPC e outra vinculada ao crecemento do PIB, ámbalas dúas foron absorbidas no 2018 pola inflación.

 

  • NON quixeron que a xornada de 35 horas fora recoñecida por lei....

Domingo, 07 Abril 2019

Eleccións sindicais ás Xuntas de Persoal Funcionario

O xoves 11 de abril van ser as votacións para elixir ás cinco xuntas de persoal funcionario. Coñece as candidaturas que presentamos:

 

Xunta de Persoal de Pontevedra 
 

A Xanela

 

Candidatura

 

Mesas e horarios

 

 

Xunta de Persoal de Coruña

Tríptico

Cartaz Coruña

Cartaz Ferrol

 

 

Xunta de Persoal de Ourense
 

O Boletín

 

 

Tríptico

 

 

 

Xunta de Persoal de Servizos Centrais     
 

O boletín

  ...

Domingo, 07 Abril 2019

A CIG denuncia o desmantelamento das oficinas agrarias comarcais

Falta xa unha quinta parte do persoal por amortizacións ou falta de dotación orzamentaria

A CIG denuncia que a falla de dotación de persoal e medios nas oficinas agrarias e a privatizacion ou extinción das funcions que realizan os profesionais destas oficinas de atención ao cidadán, labrego/a e gandeiro/a producirán a sua desaparición en poucos anos.

A necesidade de asentar poboación no rural que dinamice un sector primario produtivo compatible co entorno e o medio, asegure a prestación de...


Venres, 05 Abril 2019

Condenan a Consellaría de Medio Rural pola morte dun axente forestal nun incendio en Guntín

A CIG denuncia que a Administración segue sen implementar melloras na prevención e na seguridade do persoal de extinción

O xulgado do Social número 3 de Lugo vén de emitir sentenza pola que condena a Consellaría do Medio Rural pola ausencia de medidas de prevención na extinción dun incendio no Concello de Guntín no ano 2015 que lle custou a vida ao axente forestal Enrique Casanova.

O xulgado considera que a Consellaría non actuou de forma dilixente na protección da saúde deste traballador...


Xoves, 04 Abril 2019

Coacciona a CIG nas eleccións sindicais de funcionarios?

Que está pasando nas eleccións sindicais de funcionarios? Preguntase CCOO.

Pois o que pasou é moi sinxelo: que na provincia de Pontevedra a CCOO renunciáronlle 23 candidatos/as. Segundo conta CCOO por ameazas e coaccións da CIG. Pero a explicación falla, porque calquera se dá conta que coaccionar a alguén ou ameazalo non supón ningún rédito á hora de pedirlle o voto.

Tanta renuncia é normal? Pois non. Pasou que CCOO foi enganando ao persoal xa que en vez de pedir a sinatura para ir na súa...


Mércores, 03 Abril 2019

A Xunta externaliza a elaboración de informes sobre o impacto das obras no patrimonio cultural

A CIG denuncia que TRAGSATEC, á que lle encomendou este traballo, non ten persoal cualificado e esixe a creación das prazas necesarias na Dirección Xeral.

O pasado 25 de marzo saía publicado no DOG unha nova encomenda de xestión con TRAGSATEC pola cal se externaliza parte do servizo de elaboración dos informes sobre o impacto das obras que afectan a bens do patrimonio cultural e á súa contorna de protección. A CIG denuncia esta nova externalización de emprego público e esixe á Xunta que...


 

Animar o espírito emprendedor

Na semana pasada, e coa súa publicación no DOG o 15/07/2013, non deixou de pasar desapercibido o anuncio de contratación da campaña publicitaria Galicia Emprende por parte da Consellaría de Economía e Industria.

O orzamento son 520.000 € e este executarase na súa totalidade; non pode haber ofertas a baixa no prezo senón á alta no número de anuncios. A parte grosa do orzamento (434.000€) está reservada para pagar a inserción dos anuncios en prensa, radio, TV, páxinas web e valos; 75.000€ son para a parte creativa, deseño e produción da campaña e ata haberá unha mordida de ata 10.000€ en concepto de “comisión de axencia”. A campaña duraría ata finais de ano, unha vez formalizado o contrato.

A dita campaña consiste en “impulsar o talento galego e a innovación empresarial como claves para recuperar o crecemento”. Así en teoría parece moi bonito pero como se vai producir ese impulso? Quizais algunha convocatoria ou liña de crédito específica? Pois non, o impulso vaise producir cunha campaña publicitaria na que se pretende dicir que o noso país é un bo sitio para emprender e darlle un pouco de autobombo á futura Lei galega de emprendemento; máis nada.

Emprendemento a parte, cómpre facer unha reflexión sobre que por si só o aumento de empresas rexistradas non supón unha saída da crise. Desde o punto de vista de economía de mercado, o que crea postos de traballo non é a creación de proxectos empresariais, senón o consumo. E na nosa terra a maior parte dos proxectos empresariais, pequenas empresas e autónomos, dependen fundamentalmente do consumo interno. Baixo unhas condicións laborais empobrecidas, a capacidade de consumo da clase traballadora está igualmente emprobrecida. Xa que logo, por moito que se estimule o emprendemento, non vai valer para nada se non hai ninguén do outro lado do mostrador que compre o que a outra persoa intenta vender.

 

Animar o espírito reproductor

O pasado 17 de xullo a Consellaría de Traballo e Benestar remitiu ao DOUE o seguinte anuncio de contrato público: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.

O orzamento son de 640.000 € cunha duración ata marzo do 2014 desde que se formalice o contrato. A parte grosa deste orzamento (565.853,66 €) está tamén reservada para pagar a inserción dos anuncios nos medios de comunicación, concepto este para o que se reserva unha ridícula posibilidade de oferta á baixa de 853,66 €. Porén, neste caso hai menos cantidade para pagar ao equipo creativo, de deseño e produción da campaña (un máximo de 60.000€). Por suposto, tamén se reserva unha porcentaxe de ata un 2,5% de “comisión de axencia” (14.000€).

Esta campaña publicitaria enmárcase dentro do Plan de dinamización demográfica que foi aprobado no Consello da Xunta o pasado 5 de abril. O dito plan pretende ser un freo ao crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración. Nese plan hai unha batería de 71 medidas entre as cales deciden empezar pola “sensibilización” deste problema e non polo reforzo dos servizos sociais, por exemplo.

Entre a batería de medidas danse unha serie de pinceladas sobre medidas concretas que teñen que ver coas desgravacións fiscais, o impulso dos servizos sociais (casas niño ou servizos de atención no fogar), co acceso á vivenda ou abaratamento do transporte público pero que presentan un escaso financiamento para que teñan un impacto efectivo.

En calquera caso, cómpre facer fincapé en que a cidadanía galega ten razón en preocuparse polo traballo en primeiro lugar. Sen traballo, as mozas e mozos do noso país encamíñanse cara fóra, cara a precariedade ou cara o desemprego. E baixo unha situación de desemprego, boa parte destas “futuras medidas” que se van anunciar cunha dotación orzamentaria escasa non van servir para nada. Medidas sobre as que cabe preguntar se o Goberno da Xunta respectará tamén eses incentivos para as nais solteiras (ou matrimonios do mesmo sexo) ou vai proxectar as mesmas indicacións excluíntes da Ministra Ana Mato no financiamento público da reprodución asistida.

 

Preocupación das empregadas e empregados públicos

As empregadas e empregados públicos da Xunta de Galiza preocúpanos ver esta clase de gastos nos que se di que se fai ou que se vai facer sen que realmente sexa certo ou que haxa detrás o investimento público necesario para conseguilo. Nestes casos, existe unha desproporción evidente entre o que se gasta en publicidade e a inversión real que despois aparece detrás. Á sociedade galega pídeselle esforzos e máis esforzos e o único que se lle da a cambio é fume. É o noso deber como traballadoras e traballadores públicos denunciar esta clase de gastos e pedir que non se detraian máis cartos dos servizos públicos galegos para esta clase de campañas publicitarias desproporcionadas cuxo único obxectivo resulta ser a autopromoción do goberno da Xunta.