Novas por contido

Os sindicatos con representación na Mesa Xeral de negociación tanto do Estado como de Galiza, convocamos aos empregados e empregadas das distintas administracións que poidan acudir, a concentrarse o martes 15 de xullo ás 11:30 horas diante da Delegación do Goberno español en Galiza, praza de Ourense, na Coruña.

A concentración, que da comezo a unha campaña para reclamar a inmediata convocatoria destas mesas de negociación, demanda que se negocien os aspectos relativos aos orzamentos de 2015, a supresión dos recortes de dereitos laborais e salariais e a execución das sentenzas que obrigan ás administracións á devolución das pagas extras.

O PP gábase de que "estamos en pleno proceso de recuperación", así que queremos a revisión dos Decretos Leis a través dos que introduciron os recortes; a maioría deles especificaban que se trataba de recortes conxunturais e que se reporían eses dereitos e condicións laborais e salariais en canto se recuperara a situación económica.

Lembramos que no caso da administración do Estado xa se repuxo o dereito das pagas extra e o seu persoal xa está a cobrar as extras completas. Porén, a Xunta segue a manter o recorte dun 40% das extras e continúan suprimidos outros dereitos que deben tamén ser recuperados de inmediato.

Están ademais pendentes de execución multitude de sentenzas que obrigan a pagar a extra do 2012 no caso da administración do Estado, e de 2012, 2013 e 2014 no caso da Xunta de Galiza. Por iso considereamos urxente que a Mesa Xeral da Función Pública de Galiza vaia traballando ao mesmo ritmo que se van elaborando os Orzamentos de 2015.

Con esta mobilización conxunta as organizacións sindicais con representación nas mesas reclaman ademais que as negociacións se encamiñen a conseguir maior emprego estable, recuperar o poder adquisitivo e a mellora das condicións laborais que redunden nuns Servizos Públicos de maior calidade.

Xunto a isto lembrámoslle ao Goberno que a súa política de feitos consumados vulnera o dereito á negociación Colectiva –así recoñecido pola propia OIT- así como o intento de darlle continuidade ás súas políticas de recortes a través da CORA, a Actualización do Plan de Estabilidade (2014-2017), o chamado Plan Nacional de Reformas e as modificacións puntuais do EBEP.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...