Novas por contido

Traballo e Benestar ten o Gabinete de persoal asesor de confianza mais inflado de Xunta de Galicia e ten tamén o primeiro posto en recortes de postos de traballo de persoal de atención directa en residencias da terceira idade e centros de menores.

Beatriz Mato necesita o asesoramento de 6 persoas, a outras 4 encargadas de facer  notas de prensa laudatorias e publireportaxes (pagados con fondos públicos)  e a 1 mais para actuar de Xefa desta nutrida nómina de asesores dos que maior salario percibe, cobra 54.378 euros do erario publico e o resto unha media de 30.000 euros anuais. Son un total de 11 persoas contratadas polo libre albedrío de Beatriz Mato e para asesorala a ela mesma, polo que parece ser en numerosas facetas de coñecemento e experiencia das que carece a conselleira nin lle poden axudar nengun dos funcionarios e persoal laboral do seu departamento.

A consellería Beatriz Mato non toca nen un euro nen reduce a desorbitada nómina de asesores e persoal de confianza ao seu servizo persoal e para darlle pompa e boato as súas actividades. Propaganda que lle consta aos cidadans galegos 350.000 euros anuais. Consideramos totalmente prescindibles a estes asesores que son escollidos a dedo por Beatriz Mato con ningunha xustificación profesional e de necesidade para o funcionamento dos distintos departamentos de Traballo e Benestar. Cargos subordinados a obedecer directrices politicas e sen funcións administrativas e de xestión, superfluos totalmente xa que o seu traballo de caracter político xa é desempeñado polos directores xerais e as labores administrativas son feitas polos Xefes de Servizo.

Consideramos, que hai unha acción irresponsable e arbitaria, de mala xestión do erario público por parte de Beatriz Mato que dende a tan predicada contención do gasto, solo se centra en suprimir postos de traballo en centros de menores, residencias de maiores, escolas infantis,etc, e mantén este tipo de contratos de asesores por riba das necesidades reais que suporian unha atención eficaz e eficiente. Os servizos sociais non poden ser un saco sen fondo onde recortar gastos e eliminar postos de traballo, para poder pagar a un éxercito de persoal de confianza en número desmedido e incontrolado con asesores políticos, persoal de gabinete, asistencias técnicas e directores xerais ao servizo do clientelismo político e non para cubrir as necesidades dos cidadans.

A CIG denuncia esta situación e solicita a reducción dos gastos suntuarios e de exclusivo e marcado cariz político. Eliminando os postos de asesores en gabinetes e a supresión deste tipo de persoal de confianza. Un xeito de contratación que nestes tempos de recortes e austeridade supon un privilexio dos conselleiros extemporáneo e de épocas nas que a Administración era o lugar ideal para colocar a amigos, parentes e compañeiros de partido.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...