Novas por contido

Durante os días 11, 12 e 13 de maio de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra Apelido
11 de maio de 2015 A-B-C-D-E-F

12 de maio de 2015

G-H-I-J-K-L-M-N-Ñ-O
13 de maio de 2015

P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

-Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http:www.medioruralemar.xunta.es.

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Outras novas recentes

Xoves, 10 Xullo 2025

Concursos de traslados (información 10/07/25)

Asistimos á Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario do 10/07/25, onde a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) facilitou a seguinte información relativa aos concursos de traslados. ESCALAS DO SERVIZO DE GARDACOSTAS A adxudicación de postos será publicada no DOG do 14 de xullo. A información xa está dispoñible no web de Función...
Mércores, 09 Xullo 2025

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e criterios de repartición do Fondo de Acción Social de 2024

No DOG do 09/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...
Venres, 11 Xullo 2025

A carreira profesional e a avaliación do desempeño: para adiante en xullo?

Con máis de medio ano de atraso, a Xunta quere sacar unha convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da carreira profesional. E no medio do lote queren aprobar ás agachadas, en pleno verán, a carreira ORDINARIA e a AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO que vai traer enormes consecuencias para o persoal ao servizo da Administración Autonómica. A directora xeral de Emprego Público...