Novas por contido

A Confederación Intersindical Galega (CIG) celebra un ano máis o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, con mobilizacións en distintas localidades do país que se desenvolverán baixo o lema 'Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos'. A central nacionalista aproveitará a xornada para denunciar a situación de pobreza e exclusión que padecen amplos sectores da maioría social como consecuencia da crise económica e das políticas que aplican o Goberno central e a Xunta en beneficio dos responsábeis da crise: banqueiros/as, especuladores/as e oligarcas.

Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros/as, os especuladores/as, os oligarcas españois amigos/as do PP.

A realidade que a Xunta de Galiza e o Goberno español, coa colaboración dos grandes medios de comunicación de masas, manipulan e ocultan todos os días, se por algo se caracteriza é por un forte retroceso en dereitos laborais e sociais e en calidade de vida, para amplos sectores da sociedade, até o extremo de levar a miles de persoas a una situación de pobreza e de exclusión social, acompañado todo isto dunha forte política represiva e de recorte das liberdades públicas.

Galiza perdeu 195.300 postos de traballo desde o ano 2007; situámonos en cifras históricas de desempregados/as cun total de 275.800 persoas no paro; estamos a perder poboación activa en idades entre 20 e 39 anos, que marcha, unha vez máis, camiño da emigración a producir riqueza noutras partes do mundo; perdemos emprego fixo e a xornada completa e está a ser substituído por emprego temporal e a tempo parcial; redúcense os salarios da clase traballadora mentres se fai una política fiscal que favorece ás rendas máis altas, ás grandes empresas e aos defraudadores/as; o crecemento económico de Galiza é inferior á media do Estado; destrúese unha parte importante do noso tecido produtivo en sectores básicos como o agrogandeiro, pesqueiro, naval ou eólico e nos últimos anos incrementáronse as desigualdades sociais, cunha forte concentración da riqueza nas grandes fortunas.

Esta é a dura realidade que a día de hoxe padecemos a clase traballadora galega e que se empeña en ocultar ese experto manipulador e vendedor de fume que preside a Xunta, o señor Feijóo. Esta situación é consecuencia dunhas políticas económicas e laborais promovidas desde a Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional, executadas obedientemente no Estado español polo PP, e que teñen como finalidade afondar no actual sistema capitalista neoliberal, favorecer o incremento de beneficios do capital e a concentración de riqueza e do poder en mans da oligarquía financeira.

O 1º de Maio simboliza a loita que historicamente levou adiante, e segue a levar, o proletariado de todo o mundo por rematar coa explotación de clase e facer realidade unha sociedade máis xusta, democrática, libre e igualitaria no económico e social. A CIG e a clase obreira galega sentímonos parte activa desa loita internacionalista e solidaria e a ela queremos contribuír coas manifestacións que celebramos por toda Galiza neste data, así como coas loitas que levamos adiante diariamente na defensa dos nosos dereitos, na mellora das nosas condicións de vida e de traballo e pola conquista da plena soberanía para a nosa nación.

VIVA O 1º DE MAIO!
VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA!
VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!

Horas e lugares de saída das manifestacións

  • A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
  • Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
  • Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
  • Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
  • Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
  • Viveiro: ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
  • Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
  • Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
  • Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
  • A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
  • Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
  • Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...