Novas por contido

O venres 8 de maio, tivemos xuntanza con responsábeis da Axencia de Turismo para discutir a súa Relación de Postos de Traballo (RPT). Previamente foran presentadas alegación por escrito. A Administración danos conta das novas propostas.

OFICINAS DE TURISMO

Comprométense a buscar unha solución na reordenación das oficinas pechadas (Vilagarcía e Tui) de xeito que non se amorticen as prazas de persoal interino (unha de subalternos) e que no caso dos/as funcionarios de carreira non supoña nin quedar a disposición nin perder dereitos, como nível nin permanencia no posto. Ademais as prazas pasarían a estar ubicadas en Pontevedra, no caso das da oficina de Vilagarcía, e en Vigo, no caso da de Tui. A solución concreta están traballandoa con Función Pública probablemente baixo a forma de proceso de reasignación de efectivos de carácter voluntario. As que queden vacantes sairían no actual concurso de traslados. Manteñen outras amortizacións de postos non ocupados e que están xa no buzón do concurso.

As oficinas de A Coruña, Ferrol e Vigo vanse unificar coas oficinas municipais coa idea de cubrir os horarios de apertura ao público. A de Pontevedra coa da Deputación.

ACORDO DE OFICINAS DE TURISMO

Achegan unhas pequenas modificacións, unha relativa á contía do específico diferencial que fixan en 100 euros brutos.

Dín que en relación á fixación de horarios especiais tomaron nota doutros acordos, como o de centros de ensino. A cuestión é que neste caso se traballará en domingos e festivos, o que require outro tratamento. Trouxemos a colación o Acordo de Gardacostas, onde as cantidades son maiores para que exista unha referencia sobre onde situar a compensación económica. Ao tempo que resaltamos que sería necesario complementar as compensacións no específico con compensacións horarias. De todos xeitos seguen a manter que o acordo garante a voluntariedade para acollerse a el por períodos anuais, aínda que admitirían que en casos xustificados podería aceptarse outros períodos.

Pedimos tempo para achegar as propostas aos/as traballadores/as e poder definir as nosas propostas.

INSPECCIÓN DE TURISMO

Non aceptan máis alegación que o cambio de denominación da escala á Escala de Inspección Turística (tal e como ven recollida na lei 14/2008) recoñecendo que se trataba dun erro. Manteñen que é unha escala encadrada no subgrupo A2.

En relación a proposta de estudar unha suba no nível dos postos, ou na apertura de seccións á esta escala, que nós defendemos en base á falta de carreira profesional e á imposibilidade de promocionar, aseguran que coas que van na proposta inicial chegan para que se cumplan as expectativas.

Comprométense tamén a equilibrar os efectivos na provincia de Ourense, tendo como referencia a de Lugo.

Tamén se negan a crear tantos postos como os sinalados na sentenza do TSXG  sobre o proceso selectivo do 99 e solventan isto coa apertura de postos á escala. Segundo eles no caso de necesitar máis postos, no caso de que aproben máis aspirantes se crearían ad hoc. Haberá tamén un concurso da escala con aqueles postos novos abertos a ela.

PERSOAL DIRECTIVO

Manteñen a creación de de dous postos de persoal directivo traído da empresa privada, pois parece que para a axencia nin o persoal do grupo A1 dos corpos xerais, nin o persoal da escala de Inspección Turística debe ter capacidade nin coñecementos suficientes para o desempeño de postos directivos.

Finalmente, estaremos á espera de se nos comunican novos cambios, especialmente no relativo ao tratamento á escala de Inspección Turística e ao proxecto de acordo de horarios das oficinas de emprego.

Ver as alegacións presentadas pola CIG o 30/04/2015.

Outras novas recentes

Martes, 17 Setembro 2024

A nova xerente de AGACAL tenta saltarse a negociación colectiva coa escusa de que crear unha praza de xefatura de sección de nóminas é un...

Mesa Sectorial de Funcionarias do 13/09/2024 polo miúdo A directora xeral de Emprego Público leva á Mesa Sectorial de Funcionarias (3/09/24) a destrución de 2 prazas de emprego público para crear 1 nova praza. En concreto, queren crear unha xefatura de sección de habilitación de nóminas (Área de persoal), con forma de provisión por concurso específico, para que AGACAL poida...
Xoves, 19 Setembro 2024

A CIG levara á Inspección de Traballo a quen Fabiola García identifique como ordenante da retirada de cartaces en San Caetano

A denuncia da CIG de NON cobertura dunha axudante de cociña na Escola Infantil de Vite, mobilizou a diverso persoal de confianza do Gabinete da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que procederon a retirar os cartaces de denuncia colocados por membros da CIG nos taboleiros de anuncios de San Caetano. Tamén o retiraron de mobiliario que se utiliza...
Mércores, 11 Setembro 2024

A Xunta provoca o descontento entre o persoal coidador

O modelo de funcionarización aprobado pola Xunta ven de provocar unha vez máis situacións de agravio, inxustiza e malestar. Realizar unha funcionarización dunha categoría (creando unha escala de persoal funcionario) e os postos da mesma SEN FUNCIONARIZAR AO PERSOAL da lugar a que o persoal laboral fixo quede relegado ao perder dereitos de mobilidade. Isto vese agravado...