Novas por contido

As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, levan denunciando desde o inicio do mes de xuño a situación de perigo prevista en materia de incendios forestais para este verán, segundo as previsións feitas pola AEMET e sumando á ausencia da implantación dunha política de prevención de incendios que evitase a gran cantidade de combustible que na actualidade hai no monte. Por qué a Xunta fai oídos xordos?.

Desde que comezamos o período de máximo risco, no mes de xullo, o IRDI foi máximo na maioría do territorio de Galicia. A probabilidade de lume é moi alta, as temperaturas están sendo moi elevadas, o vento de nordés está presente case todos os días e a vexetación está desecada.

Mentres tanto a Xunta segue a mentir descaradamente argumentando que o operativo está listo, pero a realidade é outra. As brigadas dos concellos que constan no Pladiga aínda non están operativas, retrasouse o inicio das brigadas de Seaga ata o 16 de xullo e continúan sen cubrir as baixas, xubilacións e postos vacantes do dispositivo propio da Xunta. As consecuencias de todo isto son que os lumes se apagan con brigadas de 2 ou 3 compoñentes, poñendo en perigo a seguridade de todos e facendo moi complicada a dirección de extinción por parte dos Axentes Forestais e Medioambientais. A ausencia de persoal para a condución de vehículos motobomba, fai que non estén todas dispoñibles. A isto hai que engadir outra das “improvisacións” da Xunta, que non preveu na contratación de avionetas de carga en terra, as motobombas necesarias para as súas bases aéreas e agora hai que restalas do operativo de extinción de incendios. Avionetas que, por certo, son moi vellas e deterioradas o que fai que se sufran accidentes constantes como foi o caso da avioneta de Doade, que afortunadamente foi na pista de aterraxe. De producirse nun incendio as consecuencias serían desastrosas.

As organizacións sindicais denuncian que non se realizou a prevención en inverno, e que os bulldozer están a limpar os cortalumes no lugar de estar en retén, co que isto fai que tarden máis de tres horas en chegar ós lumes. Cando chegan, ós lumes teñen unhas dimensións xa importantes.

As organizacións sindicais recórdanlle á Conselleira que os lumes se apagan con motobombas e brigadas, non con cabalos. Sen embargo, a falta de persoal provoca situacións nas que un só Axente deba cubrir, na súa garda, un territorio de ata vinte concellos. Isto é ter medios?

Lémbranlle á Secretaría Xeral que a época para realizar os desbroces de prevención é no inverno e que non van ser cómplices da improvisación de dita Secretaría, ordenando traballos de desbroce tanto as brigadas Municipais como de Seaga con temperaturas superiores ós 30 grados e co índice de perigo extremo.

Denuncian que por culpa da mala xestión da Xunta de Galicia teñamos que lamentar que o incendio rexistrado no concello Calvos de Randín queimara máis de 150 ha no Parque Natural do Xurés.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...