Novas por contido

Uns 400 traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios volven a mobilizarse diante das dependencias do Edificio de San Caetano ante a política de destrución do Servizo.

Como consecuencia do desmantelamento progresivo que está a sufrir o SPDCIF por parte do goberno do Partido Popular, as organizacións sindicais representativas na Conselleria do Medio Rural e Mar convocaron novamente ao persoal do Servizo á manifestación que do día 1 de Outubro de 2015, para denunciar a pasividade da Consellería ás nosas peticións de diálogo e negociación, manifestación que foi secundada por uns 400 traballadores e traballadoras.

Os sindicatos solicitamos á conselleira a apertura dunha mesa de negociación na que abordar a problemática do SPDCIF cos seguintes puntos fundamentais:

1. Cobertura de vacantes
2. Convocatoria da Oferta Pública de Emprego no SPDCIF
3. Estabilidade Laboral e profesional. Modificación do Decreto de listas.
4. Recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal.

Tras máis de dous meses sen recibir resposta e con miles de hectáreas arrasadas polos lumes, consideramos necesario esixirlle neste mes de outubro á responsable da consellería, diálogo e negociación a través dunha nova solicitude, á que non obtivemos ningunha resposta a pesar de que os problemas do Spdcif, continúan.

A precarización nas condicións de traballo dos profesionais do SPDCIF, as inaceptables taxas de temporalidade, o elevado número de prazas vacantes sen cubrir e a negativa a recoñecer a categoría de Bombeiro Forestal, poñen en grave risco a eficacia e eficiencia dun servizo esencial para os intereses de Galiza.

Como exemplo desta mala xestión, o día 30 de setembro foron cesados os traballadores de 3 meses –que supoñen o 23% do SPDCIF- e, poucas semanas despois, o serán os traballadores de 9 meses –que supoñen o 33% do mesmo servizo- co cal, o 56% dos profesionais do SPDCIF non estarán dispoñibles para realizar as necesarias tarefas de prevención, de vixilancia, de extinción (se é necesario) e de divulgación, durante o período invernal.

Asemade, levamos anos advertindo que ás políticas de disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e a privatización doutra, están a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural de Galiza. Lamentablemente o tempo deunos a razón e, só dous meses despois das nosas advertencias, temos como resultado que se multiplicaron por catro as hectáreas arrasadas polo lume respecto ao ano 2014 (máis de 10.000 campos de fútbol), e ainda falta o pico do mes de novembro. A conclusión, xa que logo, é clara: “un mal modelo de prevención e extinción, tivo como consecuencia unha mala campaña”.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...