Novas por contido

O martes 14 de xullo tivo lugar unha xuntanza do Consello Reitor da EGAP, na que se trataron asuntos como: cesión do espazo da EGAP, pagamento por asistencia, problemas no acceso a cursos de sección e negociado, cursos de persoal directivo ..

Informáronos que van facer unha cesión de espazo de 1/3 dos locais da EGAP para que se instale alí tanto o persoal da Secretaría Xeral para o Deporte que se atopa no Estadio de San Lázaro, como o persoal da Dirección Xeral de Administración Local que se atopa na Praza Europa en Fontiñas (Área Central). Isto vai supoñer un recorte nas prestaciónda EGAP a nivel de aulas e tamén a nivel de cursos, curiosamente cando segundo datos da propia EGAP este ano quedaron sen prazas, e polo tanto sen acceso a cursos, a metade dos solicitantes, é dicir unhas 16000 solicitudes.

Fixemos fincapé no escrito presentado pola CIG en relación ao “Curso de especialización sobre dereito de patentes”, salientando que no citado curso había 30 prazas para empregados públicos, que tiña un custe de 250 € por alumno/a. A CIG oponse rotundamente a que cursos impartidos para calquera tipo de persoal que sexa empregado público teñan custe para dito persoal.

En canto a problemática do acceso aos cursos de xefatura de sección e de xefatura de negociado debido as distintas denominacións nas RPTs de cada consellería, a CIG propón que se teña en conta a estes efectos a denominación do posto que aparece nos orzamentos de cada consellería pois neles so aparecen xefe de sección A, B ou C, e xefe de negociado A, B ou C, sen mais definicións, non as equívocas das RPTs.

Pedimos explicacións sobre o sistema de selección para o diploma de persoal directivo, no sentido de se teñen pensado algún tipo de itinerario para asegurar que os empregados públicos que teñan esa aspiración poidan optar ao diploma. E xa estando a falar deste persoal, dende a CIG propónselle que se apliquen neste grupo de traballadores/as que desexan este certificado, o mesmo baremo de esixibilidade que para os empregados públicos que se presentan as oposicións por promoción interna, en base ao que dixo Feijóo de seleccionar “aos mellores”, polo que lles propoñemos que o certificado de aproveitamento se consiga despois da realización de varios exames (teórico, suposto práctico e tema a desenvolver). 

Descoñecemos o funcionamento da base de formadores e docentes dos cursos impartidos pola EGAP. En relación con este asunto, chegou ao noso sindicato a información de que para impartir o curso básico de arquivos de oficina, o docente foi escollido a dedo polo director do arquivo de Ourense. Diante disto, trasladouse a petición de que a base de formadores e docentes sexa unha listaxe pública con puntuación e cunha xestión clara e transparente.

Ante os datos de grao de satisfacción declarados pola directora, a CIG reitera, unha vez máis, que en base aos datos facilitados non se pode extraer ningunha información válida de grao de satisfacción pois se descoñecen os datos de número de asistentes por cada curso (sábese o número de prazas), e facilitan o número de enquisas totais correspondente as 150 actividades de formación realizadas, pero non se sabe cantas enquisas son por curso e que número de asistentes estiveron en cada curso. Dicir que existe un grao de satisfacción dun 4,3 sobre 5 e un brindes ao sol cara a galería. A estatística é unha ciencia máis seria.

A CIG abstívose na aprobación das contas anuais, ademais de protestar e solicitar que se nos facilite con tempo a contabilidade da escola pois non é de recibo que se nos dean 140 follas de contabilidade un venres para poder falar delas o martes seguinte as 9:30.

A CIG tamén expuxo a queixa que se presentou por rexistro o 29/4/2015 polo mal uso do noso idioma nos textos que se entregan ao persoal asistente, solicitando que se revise e se corrixa todo o material que se entrega ou se facilite vía asistencia ou por internet aos empregados públicos inscritos nos distintos cursos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...