Novas por contido

O martes 24 de xullo asistimos ao Consello Reitor da EGAP. Despois de que a directora lera os informes e aprobasen a conta anual do exercicio 2017, a CIG manifestou:

  • Lembramos o compromiso adquirido pola directora de EGAP recollido na acta aprobada en relación ao uso do sistema de videoconferencia, ao que resposta que o compromiso está aí e que están traballando niso.
  • Informamos que os accesos ás aulas de formación nas xefaturas territoriais seguen sen cumplir a normativa vixente e a resposta que dan é que non é do seu ámbito competencial, ao que interpelamos que aínda que non sexa a EGAP a responsábel directa da adecuación dos accesos, entendemos na CIG que si debe interceder na instancia que corresponda para que esa situación se corrixa. Din que xa o fixeron.
  • Datos desagregados: insistimos na necesidade de contar cos datos de no de prazas, no de solicitudes, persoas admitidas, aprobados, suspensos, edicións canceladas... A directora xustificase en que enviar toda a documentación sería inabarcable e que é máis operativo enviar só os datos concretos, pero que se queremos coñecer calquer outro dato, non teñen problema, que llo solicitemos á secretaría xeral da EGAP. Manifestamos que o sistema actual de enquisas non dá unha imaxe real e efectiva porque as enquisas realizadas non chegan en moitos casos nen á metade do alumnado de cada actividade formativa. A directora di que non poden obrigar ao alumnado a facer as enquisas e que están abertos a propostas alternativas de medición da satisfacción do alumnado.
  • Constatamos unha diminución na oferta formativa con respecto ao ano pasado mentres que a demanda de cursos vai en aumento.
  • Constatamos tamén unha diminución do orzamento de preto dun 4 % no orzamento para actividades formativas na administración local. A directora di que a formación non é menor e lembra que na primeira convocatoria publicada a primeiros de ano xa contempla a posibilidade dunha convocatoria extraordinaria, polo que non lles consta que en cómputo anual a oferta vaia ser menor. Veremos se é certo...
  • A acción formativa nas Universidades diminúe en relación ao 2017 e só contempla dúas edicións de linguaxe administrativa galega. A directora di que no segundo semestre publicarán o resto de actividades formativas, que xa foron consensuadas coas tres universidades e que a enviarán coa documentación do vindeiro consello reitor.
  • Preguntamos polos criterios de selección dos formadores e comentamos que poderíanse estar a dar casos de amiguismo ou enchufismo. Non lles consta iso e di que se hai queixas son os primeiros interesados en sabelo e remítese ás enquisas de satisfacción da calidade dos docentes. Di que ás persoas que están aí supónselles unha solvencia polas súas publicacións, pola súa docencia na materia obxecto do curso e por cuestións académicas. Considera a directora que non fai falla que consten en ningunha instrucción interna nen ser publicado no DOG. Insistimos en que para a CIG, por unha cuestión de transparencia, si é importante que os criterios de selección e os requisitos para ser formador na EGAP deben ser de coñecemento público.
  • Elaboración de temarios por parte da EGAP: lembramos o compromiso do conselleiro de presidencia nese senso. Recordamos que como CIG expuxémoslle esta cuestión en numerosas ocasións a Función Pública e que esta bota balóns fóra descargando a responsabilidade unicamente na EGAP. A directora di que neste tema teñen que ir da man de FP.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Puntuacións provisionais do concurso de traslados dos subgrupos C1 e C2 (Administración especial) e agrupación profesional

 No DOG do 24/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo...
Mércores, 22 Abril 2026

Corpos xerais: elección de destino (MX 21/04/26)

Na Mesa Xeral do martes 21 de abril, demandamos á directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) as seguintes cuestións sobre a elección de destino definitivo dos corpos xerais (administración xeral sen escala). En primeiro lugar, como xa saben cales son as prazas vacantes tras a resolución do concurso de traslados, queremos a relación das que van...
Xoves, 16 Abril 2026

Nin 35 horas, nin máis teletraballo nin plan de mobilidade

Mentres a guerra en Oriente Medio e a tensión no estreito de Ormuz agravan a crise enerxética e a carestía da vida, a Xunta segue sen adoptar medidas que reduzan os desprazamentos do seu persoal. Reclamamos actuacións inmediatas para reducir custos económicos, desprazamentos e consumo enerxético A escalada da crise enerxética e da carestía da vida, agravada pola guerra en...