Novas por contido

Desde CIG denunciamos en reiteradas ocasións a discriminación aos traballadores de Ourense. Mentres nas outras delegacións provincias da Xunta teñen aulas con espazo suficiente para un total de 21 postos informáticos completos, en Ourense témonos que conformar cun burato estreito onde só hai espazo para 10 postos informáticos máis o do docente.

Este burato estreito, sen luz e ventilación natural, con mesas e cadeiras amoreadas, é unha discriminación para o persoal de Ourense. A cousa aínda é máis grave para as persoas con mobilidade reducida.

Primeiro conseguimos a descentralización dos exames da EGAP, sobre todo do plan ofimático. Tamén grazas a nosa insistencia conseguimos a descentralización de actividades mixtas de Tramitación electrónica integral e Procesos de dixitalización.

Agora, tras varios anos de peticións, xestións e loita por parte dos delegados da CIG, conseguimos a ampliación e mellora da aula de formación dos empregados públicos en Ourense.

As obras no 7 andar do Edificio Administrativo xa están en marcha!

Continuamos na nosa loita para mellorar a formación do persoal ao servizo da Xunta!

Outras novas recentes

Venres, 12 Setembro 2025

A DXEP non se compromete a estender a solución mais aló das 8 prazas do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias:  • Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán...
Mércores, 10 Setembro 2025

Concursos: a única solución duplicar os postos e resolver con celeridade

Centos de compañeiros e compañeiras  acudiron ás asembleas organizadas pola CIG para falarmos dos concursos de traslados e os destinos dos procesos selectivos.  A única solución que albiscamos dende a CIG, e que puxemos sobre a mesa nas asembleas e contou co respaldo das persoas asistentes, é a duplicación dos postos onde sexa necesario para evitar a perda de postos no...
Xoves, 11 Setembro 2025

O conselleiro de Facenda ofrece unha solución para os concursos de traslados pero a restrinxe a un deles. Que pensa facer co resto de con...

Dende a CIG esiximos o compromiso de que a solución de aportar prazas, se estenda a todos os concursos pendentes e non só se aplique ao de enxeñerías, arquitecturas e ciencias. E tamén que se comprometan a non retirar prazas vacantes ofertadas do resto dos concursos non resoltos. O concurso de traslados de enxeñarías, ciencias e arquitecturas, xa está resolto, pero...