Novas por contido

Recentemente tense aprobado no Concello de Compostela a súa carreira profesional, a CIG foi pioneira na súa demanda dende hai tempo, e consigueuse un Acordo, como sempre, mellor que o da Xunta de Galiza. Na mesma liña do que defendimos na Xunta, este é un acordo específico de carreira profesional, sen mesturar outros temas, e que permite conquerir melloras laborais ostensibles. Por exemplo:

• PRIMEIRA NA FRENTE: É unha carreira integradora; pois recolle a todo o persoal: funcionario de carreira, funcionario interino, laboral fixo ou laboral temporal.

• DE SEGUNDA DIVISIÓN: Mellora na temporalidade de cobros nos grupos altos:

  XUNTA CONCELLO
A1

Grao I (2019-2020-2021)
Grao II (2022-2023-2024-2025)

Grao I (2019-2020-2021)
Grao II (2022-2023-2024)

A2

Grao I (2019-2020-2021)
Grao II (2022-2023-2024-2025)

Grao I (2019-2020-2021)
Grao II (2022-2023-2024)

• OUTRA COUCE: No concello no encadramento ordinario pódese cambiar de grao cada 5 anos; na Xunta hai que estar 6 anos para pasar do grao I ao II; outros 6 do grao II ao III e 7 para acadar o grao IV dende o III. Amáis de pedir menos antigüidade en cada grao.

• TÓMANNOS POR PARVOS: Mellora nas cantidades de cobro; os grupos baixos si que son recoñecidos no Concello, só botando unha ollada ao cadro xa da para pensar como e quen dirixe esta casa:

  XUNTA CONCELLO
A1 2.460,36 € 2.400 € (-2,48%)
A2 1.721,76 € 2.100 € (+12%)
C1 1.110,36 € 1.500 € (+26%)
C2 942,36 € 1.320 € (+28,64%)
AP 761,52 € 1.200 € (+36,54%)


Por eso dende a CIG seguimos insistindo que esta Carreira Profesional hai que renegociala en termos de igualdade e xustiza e non facela un chiringuito particular entre tres amigos (Barreiro e dous que pasaban por alí) e ás costas da maioría sindical na Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...