Novas por contido

Unha vez que dende a CIG comezamos a debullar todos os fallos que atopabamos na documentación facilitada, dende a consellería recoñecen moitos erros nos códigos de titulacións e equivalencias xa que nos enviaron unha versión anterior; tamén recoñecen erros na memoria xustificativa na que faltan prazas, outras aparecen mal redactadas, etc. Presentamos as seguintes achegas xerais, pendentes dun novo documento: 

  • É necesaria a identificación das prazas vacantes e a xustificación real na memoria funcional do cambio e as amortizacións do laboratorio de medio ambiente e do resto das prazas.
  • No parque das Illas Atlánticas créanse prazas de axentes polo requirimento de traballar ao menos en parellas para minimizar riscos, deben revisar a RPT e ampliar as prazas para que o persoal de campo de conservación non este nesta situación de illamento e se cubran as quendas en todo o territorio.
  • Solicitamos que as xefaturas de sección se oferten por concurso ordinario.
  • A Xefatura de Area de Parques Naturais tamén por concurso e so aberta a c.especial polas específicas funcións.
  • Regular de oficio os pluses e complementos xa que hai enormes diferenzas entre os que reclaman e os que non, débense xeralizalos para todo o persoal sen ter que acudir ao xulgado. Como exemplo os titulados superiores ambientais que non teñen ou persoal do laboratorio de medio ambiente nos que aparecen caóticos.
  • Incluír a suba correspondente a 2019, no CE axentes ademais débese barrar as prazas ao B e indicar a extinguir unicamente o C2 e C1.
  • Denunciamos tamén de novo amortizacións escandalosas como a de axente de Valdeorras deixando sen persoal ao parque natural da Enciña da Lastra ou outras que se propoñen logo de aumentar a súa carga de traballo.

En canto teñamos o documento da RPT corrixido presentaremos achegas específicas. Se queres facer as túas achegas, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...