Novas por contido

O 3 de maio de 2018, as catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT) presentamos conxuntamente ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural unha solicitude para abrir a mesa de negociación para a actualización do acordo de condicións de traballo do persoal técnico da Consellería do Medio Rural vinculado á prevención e á extinción de incendios.

O cadro deste persoal data do ano 1999, cando non existía a Lei de incendios de Galiza, a Lei de montes de Galiza, a certificación forestal dos montes de xestión pública... Nos últimos anos, o desenvolvemento da normativa sectorial forestal obriga a este persoal técnico a fiscalizar cada vez máis a xestión do territorio. A diversidade das funcións, agravada no caso dos técnicos e xefes de distrito, e a carga de cada unha delas son obxectivas e cuantificables en obras proxectadas, en direccións de obra e en aproveitamentos forestais executados en montes de xestión pública, en expedientes de axudas públicas, en convenios con concellos, en investigacións de causas dos incendios forestais, no número de solicitudes de aproveitamentos privados fiscalizados, na xestión de medios nos centros de coordinación, na dirección de extinción de incendios forestais, na divulgación forestal para diferentes colectivos mediante charlas e actividades, nas tarefas de extensión forestal ao informar aos cidadáns e,
en definitiva, na sistematización e rigor no control do cumprimento da normativa sectorial forestal.

O acordo polo que se rexe este persoal para a realización do traballo na época de máximo risco de incendios entrou en vigor en 2008 e aínda que está prorrogado tacitamente, non se actualizou desde a súa sinatura, o que provoca un desfase considerable entre as condicións de traballo e as circunstancias legais e económicas do momento actual.

Esíxese que se consideren como horas de traballo efectivo as 500 horas nocturnas anuais que fan os técnicos forestais por riba da carga horaria doutros funcionarios, como marca o dereito comunitario, así como o cumprimento da normativa laboral en relación a horas traballadas e descansos semanais dos xefes dos distritos.

Demándase unha reorganización das condicións de traballo do persoal técnico vinculado ao SPDCIF cun aumento substancial dos efectivos do persoal técnico funcionario que permita atender as múltiples tarefas que esixe a normativa sectorial forestal, cun número de días de descanso e de vacacións adecuado e cunha mellora das retribucións. Demándase tamén unha oferta de emprego público de todas as vacantes, así
como a segunda actividade e coeficientes redutores. 

Despois dun ano, a dilación da apertura oficial da mesa de negociación amosa unha absoluta falta de respecto ao servizo público que exercen os técnicos forestais vinculados ao SPIF e aos propios traballadores.

Por iso convocamos un acto reivindicativo o vindeiro 16 de maio de 2019 ás 10:30 na Xunta de Galiza, en San Caetano (Santiago de Compostela). 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...