Novas por contido

A CIG esixe a dimisión do xefe Territorial, da xefa de Coordinación Administrativa e do xefe de Orientación e Promoción Profesional.

Dende que “Traballo” caeu baixo o paraugas da consellería de Economía, hai un enorme desinterese e desidia na xefatura territorial de Pontevedra, como amosan os seguintes feitos:

a) Desmantelamento do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia. A incapacidade da Xefatura Territorial de proceder á cobertura das vacantes provocou un feito gravísimo que nunca ata o de agora acontecera: a suspensión de cinco cursos de formación pola falta de persoal funcionario que puidese tramitar as matrículas e a selección do alumnado. Situación que podería resolverse co chamamento ás listas de substitución tal como a CIG xa lle esixiu ao xefe territorial cando denunciara a carencia de funcionarios para dar resposta ás competencias deste centro. En contraposición, non tiveron dificultades para contratar cinco gardas de seguridade diarios mediante a contratación dun servizo externo.

b) Non se dota de persoal ás oficinas de emprego nos casos de enfermidade, comisións de servizo, vacantes.. Exemplos: oficina de Navia, da Cañiza, do Porriño, de Caldas de Reis, de Cambados..
Nas oficinas de emprego de Cambados e Caldas de Reis non se intenta chamar de listas para cubrir os postos de Administración Xeral a pesares de que non se ocupan en comisión de servizo unha e outra vez.
A situación da OE de Navia resulta alarmante: dispón de menos persoal e menos xefaturas que outras oficinas comparadas. Non se dotan nin por listas nin por comisión de servizo as vacantes ou as ausencias por comisión de servizos. Este pasado luns houbo que atender a 300 demandantes de emprego nunhas condición de total precariedade.

c) Os servizos de mediación, arbitraxe e conciliación, tanto de Vigo como de Pontevedra, continúan sen persoal de administración e de letrados conciliadores, a pesares da inxente carga de traballo que desenvolven e a que teñen moitos menos efectivos que no resto do País na RPT.

d) As comisións de servizo, que se conceden sempre ás mesmas persoas (ou en virtude de méritos familiares), incumpríndose a máxima de promover preferentemente ao persoal funcionario da propia unidade do posto de traballo. Isto provoca un enorme malestar e máis cando levamos dous anos e medio sen o concurso xeral de traslados.

e) A oficina de emprego de Cangas e a de Ponteareas, despois de moitos anos e de continuas promesas, seguen nas mesmas instalacións, en condicións de inhabitabilidade.

Esta continua desidia coa área de traballo que non é así con todo o referido aos intereses que promoven as grandes eléctricas, principalmente, FENOSA, fai que a CIG esixa a dimisión deste órgano directivo diante da súa incompetencia manifestada reiteradamente.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...