Novas por contido

O 30 de setembro de 2019 reúnese en convocatoria ordinaria o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a excepción de UGT e CCOO que non asistiron. Nel tratáronse os seguintes puntos:

1.- Plan de formación do persoal CMTV 2020 dos que destacamos os seguintes que serán obrigatorios, así conta como tempo de traballo e deben facilitarche o transporte.

  • Curso de ​ formación sobre riscos específicos do seu posto de traballo (Art 19 LPRL) para todo persoal de campo da consellería.
  • Curso de ​ manexo e funcionamento de radios TETRA​.
  • Formación sobre ​ Plans de Xestión de emerxencias para o persoal de parques naturais​.

Esta formación se vai dar porque o requiriu inspección de traballo tras varias denuncias da CIG pola falla de seguridade e formación, no parque de Invernadeiro​, nos ​ distritos ambientais​ ...

2.- Valoración dos seguintes documentos de Avaliación de Riscos Laborais, Medidas de Emerxencia e Plans de Acción:

  • Servizo Técnico Área Provincial do IGVS Xunta de Galiza Rua do Progreso 117 Ourense. Aqui solicitamos que se poña iluminación de emerxencia tanto en garaxe coma en arquivo, que se nomee unha persoa responsable do plan de emerxencia. Tamén lle recordamos a administración que este lugar de traballo foi avaliado no 2011 e que aínda teñen problemas graves de iluminación, non hai taquillas nin vestiario para persoa, EPI parcial ou incompleto, problemas cas botas e que non se avalíaron os vehículos.
  • Estación de Captura de A Freixa, Ponteareas. Dende a CIG solicitamos que se execute o Plan de Acción, que se nomee unha persoa responsable do plan de emerxencia, que nas avaliacións se fagan tamén aos Vehículos mais ainda os que sufriron modificacións e adaptación para traballos específicos.

3.- Rogos e preguntas.

  • Dende a CIG preguntamos sobre os resultados da Avaliación de Riscos Laborais da Oficina do Distrito Ambiental XVI Deza – Tabeiros, e respostan que se dan niveis que non estan de acordo co R.D. 486/ 97 polo que solicitamos que se fagan as medidas correctoras. Porén o urxente e dote outra oficina apta xa que están en precario nunha instalación de control da extinta feira verde de Silleda.
  • Voltamos esixir unha centraliña de coordinación que recolla as posibles activacións do sinal de emerxencia das emisora TETRA que agora non teñen e que coordine os avisos.
  • Incidimos en que o persoal de campo do servizo de Conservación da Natureza non ten roupa de traballo e que estan denunciados por nos na inspección de traballo.
  • Solicitamos un informe de sinistrabilidade laboral da Consellería nos anos 2018 e 2019, desagregado e posibles medidas correctoras.

Como xa e costume, esta consellería cando fai algo é por denuncia na INTSS a iniciativa da CIG. E unha mágoa que cousas tan básicas sexan verdadeiras batallas. COA CIG SEGUIMOS NA LOITA!!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...